"O museo das Salinas de Areal debe incorporar os achados sobre a orixe do albariño”
Luis Congil, autor de 'A marabillosa historia do viño en Galicia'
O xornalista Luis Congil, autor de “A marabillosa historia do viño en Galicia”, que presenta este xoves 15 ás 19:00 no Corte Inglés coa conferencia do mesmo título, considera esencial o papel de Vigo na historia do viño galego: as sementes máis antigas dunha vide desta caste foron atopadas nas salinas de Areal.
Por que define como a Vigo como peza clave na historiografía do viño en Galicia?
Polo seu papel comercial entre a idade de ferro e a romanización, Vigo foi pioneira en importar a cultura do viño, primeiro por imitación dos costumes mediterráneos e despois por imitación no cultivo. A sorpresa é que se fixo con variedades de vitis autóctonas silvestres que pronto evolucionaron ata o albariño.
Cando se descubriu isto?
Apenas hai dous anos. Un grupo de científicos galegos desempoaron restos de sementes de vide de varios xacementos galegos, e no caso de Vigo atoparon un precursor do albariño actual. Foi durante a pandemia, en 2021, e este grupo de científicos galegos” -Misión Biolóxica de Galicia, do CSIC, Carmen Martínez; Pepa Rey e Andrés Teira, acompañados dos prestixiosos ampelógrafos españois Rafael e Carlos Ocete- publicou os revolucionarios resultados na “Australian Journal of Grape and Wine Research.
En que consistía o achado?
As sementes analizadas mediante múltiples parámetros, (indice Stummer) amosan a súa similitude co albariño actual, xa entre os séculos II-IV, o que fai concluir aos autores que, ao ser unha variedade que hoxe predomina no seu entorno, pode proceder de tipos de vides silvestres galegas da zona, ou ben domesticadas de forma autóctona, ou ben hibridadas con outras procedentes de áreas do imperio chegadas de man de comerciantes ou soldados
E onde foron atopadas?
As avoas do albariño actual teñen sido identificadas como procedentes do xacemento do Areal de Vigo. Este conxunto arqueolóxico, hoxe musealizado no centro da urbe é a única salina de evaporación conservada en todo o Impero Romano, e as sementes apareceron en estratos datados polo carbono-14 entre os séculos II e IV da nosa era.
Esto que supón para a cultura do viño en Galicia?
As implicacións para a ciencia e a cultura do viño son enormes: o antecesor do albariño (xunto con outras variedades autóctonas) xa estaba presente na Galicia romana, e posiblemente era o froito da hibridación con vides silvestres locais, propias da zona, nunha temperá procura da mellor aclimatación e da maior produtividade.
E como debería Vigo aproveitar esta historia?
A magnífica musealización das Salinas de Areal debería incorporar o feito de que as sementes máis antigas de albariño foron atopadas alí. Se as salgas eran unha industria que sementou o presente comercial de Vigo, as pepitas das avoas do albariño foron as precursoras do éxito actual da DO Rías Baixas. Vigo ten que ser a plataforma de divulgación do xeito que naceron as variedades autóctonas galegas, porque alberga o achado da máis coñecida internacionalmente.
Implicaría cambiar o museo?
En absoluto. O actual deseño expositivo é moi acertado, pero só pon o acento na actividade de salga, vital para o arqueocomercio vigués, pero ignora os recentes descubrimentos polo simple feito de que cando se montou, non foran realizados. Explicar as modernas teorías da evolución multifocal da vide a partir das variedades silvestres locais, e o que supón para a “viñosfera” galega o albariño que se atopou alí, é esencial.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez