Lloyd Kaufman, creador do vingador tóxico, no Freaky Festival
Director, produtor e unha das figuras máis singulares do cinema independente estadounidense, será o convidado de honra do Galician Freaky Film Festival
Lloyd Kaufman, será o convidado de honra da décima edición do Galician Freaky Film Festival. Director, produtor e unha das figuras máis singulares do cinema independente estadounidense, Kaufman visitará Galicia e Vigo por primeira vez para participarna inauguración e diferentes actividades do festival, que se celebra do 17 ao 26 de setembro na Plaza Elíptica.
Cofundador de Troma Entertainment xunto a Michael Herz, Lloyd Kaufman leva máis de cinco décadas facendo películas á marxe dos grandes estudios e das fórmulas convencionais. Director de máis de vinte filmes, o seu nome está ligado a obras emblemáticas como "The Toxic Avenger", "Class of Nuke 'Em High", "Troma's War", "Sgt. Kabukiman N.Y.P.D.", "Tromeo and Juliet" ou "Poultrygeist: Night of the Chicken Dead".
As películas de Kaufman están marcadas polo humor irreverente, os efectos gore, as vísceras, os residuos radioactivos e un espírito de serie B levado ata as súas últimas consecuencias. O seu particular universo ten tamén a súa propia cidade: Tromaville, un lugar onde calquera accidente tóxico, organización maligna ou situación delirante convértese no punto de partida dunha nova película. Kaufman representa unha maneira de entender o audiovisual que conecta directamente co espírito do GFFF: o amor polo exceso, o humor gamberro, a sátira social e a liberdade creativa. Ambos desfrutan do audiovisual como unha festa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar