O Laxeiro cósmico chega a Vigo
“La barca espacial”, pintada en Bos Aires, xa está na Casa das Artes, onde se exporá a partir do mes de maio unha vez se realice unha pequena intervención de restauración
En 1961, na cidade de Bos Aires (Arxentina), Laxeiro recibiu a encarga de retratar una romaría galega. Aquela petición rematou por convertirse en “La barca espacial”, obra que finalmente distou dunha escena bucólica ou morriñenta e que ten un carácter máis ben fabulizante que caracterizou a obra do autor a partires dos anos 30.
A obra foi adquirida polo Concello en novembro do ano pasado por 120.000 euros para incorporala a exposición permanente da colección municipal de arte galega. Tras unha breve intervención de restauración, a obra estará instalada no primeiro andar da Casa das Artes dentro do proxecto de articular unha exhibición da colección Municipal de Arte Galega que en breves verá a luz.
Ademáis, agora continúa o traballo proactivo de localizar novas obras que incorporar a devandita colección, segundo sinalou durante o descubrimento do cadro José Manuel Rey, xefe de museos do Concello de Vigo, quen prometeu que próximamente haberá novidades sobre esta política de adquisición de novas obras de arte.
Rey tamén sinalou que a adquisición desta obra era unha oportunidade que non se podía deixar pasar, por ser “unha obra moi emblemática”.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, apuntou na súa intervención a “importancia da cultura nesta cidade” e especialmente de Laxeiro, subliñando a súa transcendencia en Galicia, Europa e América. Caballero recordou o impacto que sentiu cando o Museo Reina Sofía adicou unha sala a obra de Laxeiro,
Esta adquisición enmarcase nunha estratexia de reconfiguración dos espazos expositivos municipais e de unha política proactiva para fortalecer a colección do Concello, considerada unha das mellores coleccións de arte galega da comunidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar