James Rhodes tamén reinvidica o nome García Barbón para o teatro

vigo

Publicado: 01 feb 2020 - 02:49 Actualizado: 14 jul 2021 - 19:21
Unha foto do twitter de James Rhodes, na súa visita de 2018.
Unha foto do twitter de James Rhodes, na súa visita de 2018.

O pianista británico, afincado en España, James Rhodes regresou onte a Vigo para dar un concierto. Faino esta noite no único teatro da cidade, onde o nome oficial non coincide co popular. O intérprete, que se caracteriza por involucrarse na realidade social na que toca, posicionouse en twitter en perfecto galego: “Alguén me pode dicir por que cambiaron o nome de (bastante marabilloso) García Barbón a (bastante seco) Afundación?”.

Ao pouco de chegar a Vigo, o pianista xa disfrutou da cidade dando un paseo polo centro: “Incluso un día nublado en Vigo é impresionante”, publicou en redes, acompañando o comentario cunha imaxe da Ría.O concerto, do que agotou as entradas hai semanas, englóbase na celebración do 250 aniversario de Beethoven coa selección dun repertorio das súas obras.

Rhodes non volta á cidade dende agosto de 2018, onde tamén encheu o Auditorio Mar de Vigo. Entón xa se comportou como un entusiasta turista compartindo nas redes loubanzas da cidade, á comida, o tempo. Nesta ocasión só se quedará dúas noites “nun dos meus hoteis favoritos, estou emocionado, cun Steinway (piano) e un fermoso teatro, García Barbón; eu son o home máis afortunado”, escribíu onte na súa conta.n

Contenido patrocinado

stats