O Halo, na selección de 201 obras do premio de Arquitectura 2025

A súa selección foi pola visión positiva, formulando unha nova que articula o espazo público e xera un miradoiro á cidade

O ascensor Halo, de García Barbón a Vía Norte.
O ascensor Halo, de García Barbón a Vía Norte.

Once obras galegas optan aos Premios Arquitectura 2025 do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSAE), entre eles o ascensor Halo, de Vigo. Os premios entran así na segunda fase da súa cuarta edición coa presentación das 201 obras escollidas. En total, nesta edición presentáronse 456 propostas que abarcan as distintas disciplinas da Arquitectura. A finais de maio, reunirase un xurado formado por arquitectos/as de recoñecido prestixio para elixir as propostas finalistas aos premios. Os proxectos gañadores anunciaranse o vindeiro 3 de xullo no transcurso dunha cerimonia que se celebrará en Madrid. Inicialmente presentáronse aos premios 32 propostas galegas, que foron avaliadas por un comité de selección designado pola xunta de goberno do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e integrado polas arquitectas Mariña Sabela Jordán, Candelaria Cecilia López, e os arquitectos José Manuel Bermúdez e José Luis Gil Pita, que actuou como secretario dun xurado paritario que ademais cose xeracións diversas. Seleccionaron 11 proxectos: En edificación, a Casa Mallou, en Santiago de Compostela; o Centro Cultural Forges, na Fonsagrada; o Muíño de Porto do Molle, en Nigrán; a rehabilitación Fondodevila, en Parada de Sil; e o Pazo de Martelo, en Rianxo. En arquitecturas mínimas, o Xardín de Panchés (A casa das silvas), en Panchés (Carnota); en arquitecturas efémeras, a Cabane 7L, en Roma (Italia); e en espazo público; a Praza do Pombal, en Carballo; e a mellora e acondicionamento do “Carreiro do Rollo”, en Salceda de Caselas, ademáis do Halo.

Neste caso, a súa selección foi pola visión positiva ao aproveitamento dun emprazamento residual entre infraestruturas formulando unha nova que articula o espazo público e xera un miradoiro á cidade. Unha proposta froito de políticas municipais de rexeneración e sustentabilidade urbanas que busca solucionar partes da cidade fragmentadas con graves problemas de mobilidade, accesibilidade e cohesión social. Partindo dunha dramática situación do espazo-fisura urbana no que se inserta para coser a cidade, atopa ao tempo unha reflexión plástica entre a arquitectura e a tecnoloxía. Por un posicionamento rotundo que demostra a practicidade da colaboración entre los distintos campos del deseño en la resolución de las problemáticas urxentes de un más coherente futuro urbano.

O COAG sinala que as propostas galegas preseleccionadas son “obras de campos moi amplos, que cortan transversalmente a profesión e que unen diferentes perspectivas da arquitectura, con proxectos de dentro e fóra de Galicia, de pequena e gran escala nos que se aprecian a preocupación pola boa execución da arquitectura galega contemporánea”. Destacan unha revista científica; equipamentos como infraestrutura urbana; unha vivenda unifamiliar; un xardín natural que funciona como un ensaio crítico arquitectónico; varios espazos públicos que, aínda sendo de pequena escala, posúe unha alta valorización do común en contornas rurais, con atención ao detalle, para unha mellora do espazo compartido tradicional; a rehabilitación dun equipamento arquitectónico vernáculo, a rehabilitación dun compacto núcleo doméstico vernáculo; a rehabilitación patrimonial dun pazo urbano; ou a creación dun centro cultural.

Contenido patrocinado

stats