Fillas de Cassandra actúa no Marco
O dúo vigués interpretará os catro temas do novo EP e conversará co público
Fillas de Cassandra dará a coñecer o seu novo EP, “Hibernarse”, en dúas presentacións exclusivas que terán lugar en Galicia contra finais de mes, concretamente o venres 27 e o sábado 28. Estes ‘showcases’, organizandos dentro da iniciativa “Noite no museo con Fnac”, celebraranse en dous recintos museísticos dedicados á arte contemporánea, como son o Marco e a Fundación Luis Seoane da Coruña. Para poder acceder a estas presentacións, nas que as artistas actuarán e darán a coñecer polo miúdo, e desde a proximidade, o proceso de creación do seu último traballo, o público poderá conseguir os seus convites nas tendas que a Fnac ten en Vigo e na Coruña.
Nas vindeiras semanas, tanto a través da cadena como dos perfís das artistas nas redes sociais, daranse a coñecer os detalles do proceso. No museo vigués, o último venres deste mes, será a partir das 21 horas, María SOA e Sara Faro interpretarán os catro temas do novo EP, “Feito a man”, “Arderse”, “Quebrantarse” e “Hibernarse”, amais de conversar co público.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último