Fillas de Cassandra: “Emoción e diversión están sempre equilibrados nos nosos concertos, a xente tamén ven a escoitar”

María Soa e Sara Faro son as integrantes do dúo Fillas de Cassandra

Publicado: 04 may 2025 - 08:00 Actualizado: 04 may 2025 - 12:06

María Soa (MS) e Sara Faro (SF), Fillas de Cassandra, volveron o set de Atlántico TV para presentar o seu novo traballo. Unha visita que xa se está a converter en tradición e na analizaron a traxectoria que levou a dúas veciñas da cidade, que este ano serán as pregoeiras das festas de Coia, a ser o dúo de moda da música galega.

SF-Por fin está aquí “Hibernarse” que foi chegando aos poucos.

É alegato de construir paso a paso, as pausas que son necesarios. Queremos convidar ao público que o constrúa con nós como se facía antaño. É un proceso.

“Hibernarse” é unha renovación, pero ao mesmo tempo mantén a esencia de Fillas de Cassandra.

MS- . Penso que non pecha o círculo, nin tampouco se abre a algo novo. É como pousar no medio onde tentamos atopar ese novo traxe, con novas sonoridades xunto con Greta Ch’aska e Mumbai Moon, os nosos produtores. Queremos probar cousas novas, tamén o xeito de cantar. Soltámonos en multiformato, pois a idea era explaiarse tamén na parte creativa, tanto a audiovisual como na escrita do fanzine. Estamos aí investigando, pero ¡que alegría que soe novo! Esa tamén é a intención, buscar cousas novas e que sega soando a tradición.

Unha tradición como moita raíz galega.

SF-Totalmente. Xustamente en “Quebrantarse” quixemos recoller a través de esa voz de Severina Muri unha melodía que si que parte dun romance da Fonsagrada. É un pouco, dentro de tódolos temas, o único que mantén esta liña tradicional a pesar dos instrumentos.

MS- Mantéñense eses modos que se usaban na tradición como en feito a man, as ferramentas que nos proporcionan os instrumentos, a pandeireta, as voces tamén como eses intervalos.

Como chega ese son final, como recoñecen o que queren gravar?

FS-É unha busqueda. Cando chegamos ao estudo formulamos a idea fundamental da que partimos, compoñemos dende aí. Empezamos en acústico, coa base, unhas voces, unhas pandeiretas, o que haxa de percusión, Galicia abre moitísimas posibilidades. Entón é unha cuestión de ir probando e ir atopando que de que maneira podemos encauzar musicalmente eso que está bulindo nas nosas cabezas.

Dende os comezos de Fillas de Cassandra ten pasado moi pouco tempo, no que se converteu nun nome de referencia na música galega. Como se vive esa experiencia?

MS- Ten unha parte incrible, un 80% incrible. Chegamos aos sitios e agora hai xente agardando, cantando. No último concerto adiantamos temas de “Hibernarse” e xa houbo quen a cantou. É moi emocionante que nos sigan así. Unha das letras di ‘si me queres, vasme agardar’, pois é iso, agardan por nós o tempo que faga falta e apoian o noso traballo, aínda que sexa diferente. Obviamente fai que aparezan as pantasmas.

FS- Dá un pouco medo as expectativas do que agarda o público de ti e aí hai que saber impoñerse. É o noso proxecto, o que queremos. Seguro que cando nos atopemos co noso público vai recibilo ben porque é a nosa verdade.

Os concertos de Fillas de Cassandra son unha festa con moitos convidados. ¿E esa a idea que queren transmitir?

MS- É mellor lugar para nós.

FS-O traballo de estudo é un pouco máis introspectivo, pero os directos xa é o momento de compartir. Entra o ambiente festexo, non unicamente de xeito distendido, senón tamén para buscar a emoción colectivamente. Todo o que supón cantar un tema que compuxemos na intimidade e que agora forma parte de moitas outras persoas que sinten como súa esa emoción e esa diversión, é o que sempre está equilibrado no concerto.

MS- Todo o mundo respecta nos concertos precisamente esa parte íntima. Moita xente queda calada cando empezamos a falar. Eu penso neses momentos que están aquí para escoitarme, non soamente pola festa aínda que sexa moi festexo. Que teña esas partes é fundamental

Como compaxinan a marca conxunta Fillas de Cassandra cos proxectos individuais de cada unha?

FS- Con paciencia e tentando equilibrar. Temos claro que Fillas de Cassanda está un pouquiño por enriba de outras cousas que vaian xurdindo, e aínda máis, Sara e María como individuas e o seu benestar, sempre están por riba incluso de Fillas de Cassandra. Hai que respectalo e tendo en conta isto dalo todo en cada un dos ámbitos. Botamos de menos algunhas cousas persoais.

MS- Eu si creo que tamén tódolos proxectos ou cousas que vaian aparecendo de cada, sempre veñen enriquecer. Se estamos facendo unha investigación de calquera cousa, xa apunto, pois isto para o proxecto de Fillas. Sempre acabamos volcando cada unha das nosas experiencias no noso proxecto. Creo que enriquece moito que nos separemos nalgúns puntos para volver a unirnos.

E xa como despedida, que significa que o tema “Tataravoa” se teñan convertido xa nun himno?

SF- Efectivamente esta, como a canción de “Lisístratra”, de “Varre vasoira”, que ten o retrouso este tradicional, pero no caso de “Tataravoa” que foi creada por nós única e exclusivamente, tamén é bailable, pero causa esa emoción porque nomeamos textualmente a todas, a toda a herdanza como esta tataravoa. É moi emocionante vela en sitios tan variopintos, incluso na serie “Valeria” de Netflix.

MS- Xusto o outro día pensamos cal consideraríamos como o himno que pase a historia como a canción de Fillas de Cassandras e si, cremos que é “Tataravoa” Para nós é fundamental. Estamos contentísimas de tela compartido con Galician Army que dende o minuto un en que a escoitaron pensou que era ese himno.

Contenido patrocinado

stats