Escribir, recitar e sentir poesía en Desafiando sombras
Sete voces transformaron en versos ás imaxes de Blas González na sala Apóstrophe da Praza Elíptica
“Queremos afondar na poesía, achegarnos a súa esencia, por iso recitamos poemas da nosa autoría e tamén a grandes autores”. A escritora Stella Maris está detrás do colectivo poético Desafiando Sombras, que leva catro anos reuníndose só polo pracer de declamar. Faino en salas, asociacións e centros educativas. O día da Poesía, o da Tradución ou as Letras Galegas, calquera é un bo motivo para xuntarse e ler poesía.
Onte foi invitado a interpretar con versos as imaxes que compoñen a exposición “Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria”, que o fotógrafo Blas González mostra en Apóstrophe, na Centro Comercial da Praza Elíptica. A lenda da Dama da Lagoa inspirou as intervencións, espertando a Limuhe (tal e como se coñece á muller enmeigada) do seu máxico letargo.
Cris Amoedo, Karin Monteiro-Zwahlen, Miguel Vigo, Alicia Salvaxe, Patricia Rivas e Francesca d´a Silva completan o grupo que contaron con colaboracións especiais como Xesús Alonso Montero, María Xosé Porteiro, Ruth Lodeiro, Béatrice Pepin, Manuel Cartea, Elisabeth Oliveira o Alberto Avendaño.
A orixe do colectivo está en Nos queda la palabra, un grupo organizado por Stella Maris durante o confinamento, que aínda está activo: “Fixen un chamamento por facebook e fixemos oito recitais online que se poden ver en youtube”.
A lagoa imaxinada
No ano 1958 desécase a Lagoa de Antela e esa sensación de perda é o que Blas González expresa na súa escolma de fotografías. Imaxes de distintos formatos, paisaxes, fotografías intervidas e retratos dos veciños que sufriron esa ausencia invitan a recuperar un patrimonio, a identidade e unha realidade que se foi naquel momento. Cunha grande árbore no eixo central, plantexa a montaxe coa lagoa imaxinada e a situación real.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último