Diálogo artístico “en directo” con Laxeiro

Cultura

O proxecto é a segunda achega do acordo asinado entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo

Un momento da inauguración de onte na Laxeiro.
Un momento da inauguración de onte na Laxeiro.

“Ollo á orella. 8 obras sonoras e 1 partitura colectiva” é a nova exposición temporal que acolle a Fundación Laxeiro. Na inauguración de onte o elenco de artistas participantes executaron unha obra sonora colaborativa diante da obra que Laxeiro pintara para a reivindicación dun edificio propio para a facultade de Belas Artes a principios dos anos noventa, titulada “Un berro por Belas Artes”. A exposición, comisariada polo profesor titular de Belas Artes de Pontevedra, Ignacio Barcia, reúne a un elenco de artistas que traballan ao redor da arte sonora que, nalgún momento tiveron algún vínculo coa devandita facultade.

O proxecto é a segunda achega do acordo asinado entre a Fundación Laxeiro e a Universidade de Vigo e, nesta ocasión, por tratarse de arte sonora, colabora o colectivo Vertixe sonora que a incluíu no seu programa Vertixe12.Ao longo da duración da exposición, ata o 12 de xaneiro, sucederanse accións sonoras.

Contenido patrocinado

stats