A Deputación suma o arquivo de Natalio Abad, pioneiro do montañismo

Publicado: 22 jun 2022 - 00:00
2022062122381285625
2022062122381285625

A Deputación de Pontevedra vén de dixitalizar e poñer a disposición pública o ‘Fondo Natalio Abad’ un conxunto gráfico con 197 fotografías sobre a vida de Natalio Abad, do vigués fundador de ‘Os fillos do Sol’ e pioneiro do montañismo en Galiza.

A publicación deste fondo xurde polo interese do departamento provincial de Memoria Histórica e de Patrimonio Gráfico e Documental de dar a coñecer e divulgar a traxectoria dun home que xunto ao seu grupo de amigos defendía no Vigo dos anos 1930 valores de liberdade e igualdade que despois foron truncados pola Guerra Civil. A cesión das imaxes para a súa dixitalización pola Deputación e inclusión do portal AtoPO foi realizada pola filla de Natalio Abad, Olga Abad, quen asinou o acordo coa deputada nacionalista María Ortega.

Os fondos cedidos distribúense en catro bloques temáticos: a mocidade de Natalio Abad e o seu grupo de amizades en piraguas de madeira no Lagares e nas praias viguesas en Coruxo, Navia ou Samil; as no Centro Excursionista Galego, as do Club Montañeiros Celtas con saídas no Galiñeiro, no Aloia, pero tamén máis lonxe, nos Ancares ou Pena Trevinca, lugares nos que practicaron esquí con medios moi rudimentarios e finalmente as familiares da vida de Natalio, onde os seus irmáns eran tamén deportistas de élite.

Contenido patrocinado

stats