La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un hogar temporal para mujeres y madres: “Fue mi salvación”
A actual presidencia da Deputación de Pontevedra cumpre os cen primeiros días de goberno do Partido Popular. Onte, Luis López, o presidente, fixo unha valoración positiva, deste comenzo do mandato. Subliñou que “foron cen días de estar pegados á rúa, cen días dun goberno que demostra cada día ser o de todos, lonxe do sectarismo; e cen días de municipalismo”. Entre os logros reseñados, o presidente pon o foco nocompromiso co proxecto da nova grada de Gol en Balaídos.
Valorou o esforzo de estar en máis de 270 actos nos que participaron os integrantes do seu goberno provincial, que dá unha media de tres e ata catro actos ao día; Luis López quixo contrarrestar “as opinións ou mesmo os insultos que levamos recibindo neste tempo con cifras e datos reais”. Afirma que a súa filosofía se basa en que “Deputación de todos” porque nos últimos meses “o contacto en público e en privado cos alcaldes, con outras administracións, cos cidadáns na rúa e co tecido asociativo foi unha constante”.
No eido económico, nestes meses mobilizaron a través da Xunta de Goberno 18,5 millóns de euros. Unha cantidade da que, segundo o que declarou, o 70 % (12,6 millóns) recaeu directamente nos concellos. Por áreas, 1,8 millóns á programas para a mocidade, 1,8 millóns, ao deporte; 1 millón, ao medio ambiente; 410.000 euros, a programas de igualdade; 300.000 euros, a cultura; e máis de 250.000 euros, para o reto demográfico.
Luis López, no comunicado aos medios, amosouse especialmente orgulloso polas entrevistas persoais cos alcaldes de Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, “ningún, por certo, do noso partido”, matizou. Considera que "comprimos e seguiremos cumprindo con converter aos concellos nos grandes protagonistas. Dirixímonos aos 61 para poñernos a súa disposición. Asemade sinalou o “novo rumbo ao Museo de Pontevedra e ao convento de Santa Clara, a concreción das transferencias do Pazo de Lourizán e a Escola de Cantería, os investimentos en Príncipe Felipe, as melloras na Estación Fitopatolóxica do Areeiro ou o novo Observatorio Turístico".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un hogar temporal para mujeres y madres: “Fue mi salvación”
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
Un espacio cedido por la iglesia, convertido en lugar seguro para menores
La Iglesia, con la crisis de la vivienda
La Diócesis Tui-Vigo aumenta sus viviendas en alquiler al reformar casas rectorales
Lo último
Tragedia ferroviaria
El PP se persona en la causa y pide asumir las consecuencias de accidente de Urda
Elecciones 29-N
Casi un tercio de los diputados gallegos no repetirán escaño