Os constructores dos lectores reivindícanse
A Movida Literaria rendíu homenaxe ao falecido Hemotocrítico
María Reimóndez, Manuel Esteban e Marcos Calveiro foron convocados por A Movida Literaria para abordar a literatura infantil e xuvenil a iniciativa da Deputación. Os tres autores deste xénero reivindícano. “Construímos aos lectores do futuro, é un período fundamental, pero sempre fomos segundóns; eu levaba 15 títulos para nenos cando publiquei a miña primeira novela para adultos e algún recibiuna como o meu primeiro libro, ‘xa era hora’, dixéronme”, afirmou Calveiro en declaracións a Atlántico.
Reimóndez coincidiu neste punto, “cando escribes obras de literatura infantil e xuvenil, sempre hai quen pregunta cando chegará un de adultos, pero ao revés non se fai”. Sinalou que non é casualidade que este “sexa o único xénero feminizado”, aínda que recoñece que nos últimos tempos notou unha posta en valor, “os clubs de lectura, as bibliotecas e os mesmos escritores temos traballado moito”. Así, Calveiro, autor e editor, puntualizou que en Galicia é o que máis se vende, “temos un público moi amplo e moi bos autores, os primeiros Premios Nacionais que se lograron en lingua galega".
Manuel Esteban, que debutou este ano na literatura xuvenil con ‘Setestrelo’, “as fronteiras coa novela son difusas, non sabería dicir para que idade escribín a historia e fíxeno coa mesma paixón e interese que lle poño ao resto; é absurdo consideralo un xénero menor, foi o mesmo que aconteceu hai un tempo coa novela negra que agora está arrasando”.
En nome de Hematocrítico
A mesa de debate fora aprazada polo falecemento inesperado de Hematocrítico (Miguel López), quen tiña previsto a súa participación no ciclo, e que estivo presente nas intervencións dos escritores. “Interésame a revisión que Miguel fixo dos contos clásicos; estamos reescribindo a figura das mulleres, pero que pasa coa dos homes?”, afirmou Reimóndez, quen destacou o libro “Feliz feroz”, onde, apuntou “reflexiona sobre a masculinidade e demostra que a literatura infantil pode tratar temas moi profundos con linguaxe doada, respectando a dignidade dos nenos”.
Esteban considera a Miguel López como unha figura que transcendeu. “Era un adulto funcional, pero mantiña esa capacidade dos rapaces de asombrarse ante todo, foi capaz de meterse na pel dos nenos, o máis difícil. Dicía que o patio do colexio era como a vida, pero eu sempre crin que quería dicir o contrario. Fascinábase por todo e contaxiaba o seu entusiasmo”. Ao estar tan preto no se atreve a valorar a súa calidade literaria, “esa miopía do achegamento impídeme calibrar a magnitude da literatura”. Entre a súas publicacións, quédase con “As lendas do recreo”.
Para Calveiro, Hematocrítico sempre estará relacionado “co tempo glorioso de twitter, cando era unha rede social divertida na época da @masaenfurecida, con ese sentido do humor e con ese ollo especial para Cultura que facía chegar antes que ninguén que ía ser tendencia”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas
Fernando Ramos
La manipulación política de la denuncia contra Suárez