Carmen García Mateo: “A UVigo estará preparada para solicitar Medicina en 2029”
Carmen García Mateo resultou elixida o venres como nova reitora da Universidade de Vigo. Asegura que a súa equipa de goberno traballará “con solvencia, rigor e planificación”
A catedrática de Teoría do Sinal e Comunicacións, Carmen García Mateo (Vigo, 1963), resultou elixida o venres como nova reitora da Universidade de Vigo.
Que pasou pola súa cabeza ao confirmarse que sería reitora?
Levamos tanto tempo preparándonos para este proxecto, a campaña foi longa, pasamos o corte o día seis e agora revalidamos o resultado daquel día, é como decir, “ben, sí, agora empezaremos a traballar”. Contenta tamén a nivel personal, desde a serenidade e a responsabilidade.
Os PTXAS apostaron maioritariamente por vostede. Comezarán por ahí os cambios?
Si, pero traballaremos en distintos frentes porque somos unha equipa de doce persoas, por tanto non descuidaremos ningún frente. Pero si, a nosa prioridade desde o día un é a reorganización interna da administración. Claramente, a súa confianza refrenda o que vimos dicindo, que necesitamos unha nova gobernanza e unha nova organización.
O único sector onde non foi mayoritaria foi a do personal docente e investigador sen vinculación permanente. Que mensaxe pode dirixirlles?
A mensaxe é de tranquilidade. Traballaremos para toda a comunidade universitaria. Entendemos que neste sector temos un grupo muy diverso, con distintos subcolectivos. Traballaremos con todos eles e para todos eles. No noso programa levabamos moi claro que temos que ter unha planificación clara. Como universidade temos que ter unha planificación para todo o pessoal en canto ás vías de estabilización, os calendarios...
Nos últimos compases da campaña houbo certa polémica polo nome do novo xerente. Xa se pode decir?
Eu sempre dixen que a persoa que ven para a xerencia ten un posto de traballo neste momento. Esperemos a vindeira semana. Entendemos que os PTXAS queiran saber como quen vai a ser a persoa responsable de xerencia. Pero o que remarcábamos era que as políticas de personal as marca o equipo de goberno. O xerente, ou xerenta, executa. Nós somos os responsables últimos de que esas políticas sexan as acertadas.
Haberá auditoría económica?
A auditoría económica farémola en canto tomemos posesión, internamente con servizos propios e cunha consultora externa. Precisamos saber cál é a situación real para establecer as prioridades de gasto.
Grao en Medicina en 2029?
O que nós defendemos é que cando se abra o mapa de titulacións, cando acabe o período deste acordo de descentralización, ver como está a funcionar. Se o acordo está funcionando estupendamente as tres universidades, seguiremos por esa vía. Pero se non é así, a Universidade de Vigo estaremos preparados para solicitar Medicina, que non é mandar un papel, senón ter toda a organización e financiación asegurada.
“O voto electrónico podería axudar a revitalizar a participación estudantil”
O programa da candidatura gañadora, Nós-Universidade, incluía propostas para dotar de máis servizos os estudantes. Só un 6,8% acudiu a votar.
Hai desconexión do estudantado coa comunidade universitaria?
Ben, é unha tendencia global da sociedade española, e a galega non é unha excepción. O estudantado, sobre todo despois da pandemia da COVID-19, a súa participación na vida universitaria está máis centrada en acadar a titulación. Nós apostamos porque a experiencia universitaria sexa plena: aulas, actividades, extensión universitaria, de relación entre iguais. Potenciaremos todo isto.
Como pode fomentarse a participación?
De cara a baixa participación, hai outros factores que inflúen. As eleccións foron en venres, onde en moitos centros non hai aulas. Ademáis, estamos en periodo prácticamente de exames. Iso dificulta a participación e a votación en urna. Medidas como o voto electrónico ou ferramentas dixitais van axudar a esa dinamización na participación da vida universitaria. Eu desta campaña resaltaría, porque o vimos na parte de elección de representantes ao claustro, que empezaba a volver a haber movmento nos centros de cara a formación de candidaturas para representantes de estudantes no claustro. Si que empezou, pero estas cousas non se cambian da noite á mañana, teñen que percibir que a súa participación revirte na súa experiencia na universidade.
“A universidade pública non é un nicho de mercado”
Carmen García Mateo defende a universidade pública fronte a un modelo utilitarista da ensinanza superior.
En Galicia non hai universidades privadas, que crecen en número en España. Como pode atraer estudantes a UVigo neste escenario?
Nós defendemos á universidade pública, que é a que permite que calquera poda acceder á unha formación de calidade. Defendemos que estea ben coidada sexa responsable e dé contas. A privada xoga con parámetros diferentes. A universidade pública ten tres misións: docencia, investigación e transferencia. Na privada non é así. Na maioría dos casos, non en todos, hai a percepción de ser un nicho de mercado onde hai rendementos económicos a conseguir.
Como se vai desenrolar o Campus do Mar?
O Campus do Mar é un proxecto estratéxico desde fai máis de 20 anos. Vigo foi máis referente do que é e ten que revitalizarse neste campo de investigación. Non vamos cambiar de rumbo: os estudos, na Facultade de Ciencias do Mar en Lagoas Marcosende. Os edificios da ETEA, para incrementar as instalacións do ecosistema de transferencia co tecido social e empresarial.
Diálogo coas universidades de Santiago e A Coruña
A nova reitora recibiu onte “unha mensaxe tanto da reitora da Universidade de Santiago como do reitor da Universidade da Coruña”, aos que agradece públicamente o afecto aínda que non puidera respostarlles. “Falarei con eles canto antes, as tres universidades temos que acordar e negociar, cada unha defendendo o seu, pero traballando xuntas polo mesmo, a universidade pública de Galicia”, sinalou García Mateo. A súa intención é “visitalos antes da toma de posesión”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar