Os cans de Vigo e de Xapón non ladran da mesma forma

Gabriel Álvarez, residente na cidade, analiza este tipo de expresións nos cómics do país do sol nacente: “Algunhas representan o silencio”

O tradutor Gabriel Álvarez, onte na Escola Oficial de Idiomas.
O tradutor Gabriel Álvarez, onte na Escola Oficial de Idiomas. | J.V. Landín

Os animais de Vigo e Xapón non din o mesmo. Os cans ladran doutra maneira, a dor exprésase diferente segundo o país. Gabriel Álvarez, natural do Carballiño pero residente na cidade, realizou unha tese onde analizou as diferentes onomatopeas no país do sol nacente plasmadas nos cómics. Iso converteuno nun experto da materia e aseguroulle un futuro laboral: ser tradutor de literatura e manga xaponés. Onte fixo un relatorio na Escola Oficial de Idiomas onde explicou as diferentes particularidades entre as onomatopeas en Vigo e as de Xapón.

Alí teñen 4.500 recollidas no dicionario, mentres que no castelán dudo moito que cheguen a mil”, asegurou Álvarez. Utilízanse para moitos aspectos, non só para facer a imitación dun son, senón tamén para mostrar sentimentos ou texturas. “En Xapón existe a onomatopea ‘doki-doki’, que significa mostrar nerviosismo e atoparse acelerado. Esa non existe no castelán", apuntou. Para as chuvias teñen dúas ben diferenciadas: ‘shito shito’ se mostra coma unha precipitación débil, mentres que ‘zaa zaa’ refírese a chuvia abundante: “A máis curiosa da lingua xaponesa pode ser ‘shin’, que literalmente ponse cando quere mostrar o silencio. Aquí podemos ter o ‘cri cri’ dos grilos”.

As máis sorprendentes son as que fan referencia os sons dos animais. Alí, un can non ladra da mesma forma; un gato non fai o clásico ‘miau’ e un porco non soa ‘oink’, un vocablo “claramente influenciado polo inglés”. En Xapón, os ladridos dos cans represéntase cun ‘wan’ en vez de cun ‘guay’ e, os gatos maúllan cun ‘nyaa’. “A onomatopea nos porcos é moi novidosa, porque eles en Xapón fan ‘buu-buu’".

Os creadores de cómics e mangas no país oriental fan voar, en ocasións, a súa creatividade a hora de representar un son. Tanto que hai algúns que teñen as súas onomatopeas propias e inventadas, pero que xa forman parte da lingua xaponesa. Iso no castelán ou galego parece imposible.

Álvarez realizou a súa tese no 2016 tras analizar as onomatopeas de varios mangas xaponeses e ver as súas traducións a idiomas como o castelán, o francés, o inglés e o coreano. Esa inquietude pola banda deseñada ven dende neno, pero o interese por Xapón foi máis tardío. “Empezoume a interesar na adolescencia pero na Escola Oficial de Idiomas do Carballiño non tiña o idioma xaponés. Entón, aprendino pola miña conta”, dixo. Para profesionalizalo, estivo catro anos na universidade de Kobe, a través dunha bolsa concedida polo Ministerio de Educación e Cultura de Xapón: “A miña adaptación alí foi sinxela. Eu xa sabía o idioma e os seus códigos, namoreime de Xapón primeiro pola súa lingua e, logo, pola cultura. Pero recoñezo que algúns amigos estranxeiros custoulle moito socializar coa xente de alí”.

Do amor polos cómics, a coñecer todo os espectros da linguaxe de Xapón e vivir como tradutor literario en Vigo. Vantaxes de quen se lle dan ben os idiomas: "Podo falar sete de forma fluída: galego, castelán, inglés, francés, xaponés, alemán e italiano".

Contenido patrocinado

stats