Bieito Ledo: “A democracia susténtase grazas a sociedade civil galega; iso é unha honra”

"As veces cometemos o erro de esperar a que veñan dende fora para valorar o que tes diante", di o galardón honorífico nos Premios da Crítica Galega 2023

Publicado: 28 oct 2023 - 02:00 Actualizado: 28 oct 2023 - 02:53
Bieito Ledo, na entrega dos Premios da Crítica Galega do ano pasado.
Bieito Ledo, na entrega dos Premios da Crítica Galega do ano pasado.

A xunta editorial da Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou entregar nos premios da súa 46ª edición un galardón honorífico a un dos seus fundadores e editor de Ir Indo, Bieito Ledo. O acto celebrarase hoxe, a partir das 12 horas, no centro social Afundación de Vigo.

Que significa este premio para vostede?

Estou moi feliz por este nomeamento. Eu non o pedín, foron os da nova directiva os que quixeron facerme este recoñecemento. Son moi novos, eu espero que poidan seguir con estes premios 46 anos máis. Chegar as 90 edicións. O premio está moi ben, pero eu non son o protagonista. Hai oito premiados de gran valor nas diferentes categorías.

Lembra a súa primeira edición e como se afianzou no tempo?

Todo empezou no ano 1978, aínda que ven de máis lonxe. Realizábamos xuntanzas de persoas moi variadas, con diferenzas culturais ou ideolóxicas. Nesas reunións debatíamos sobre utopías e ilusións que tiñamos nun intre onde non estaba creada a Constitución nin celebráranse al primeiras eleccións da democracia. Pero, sobre todo, falábamos de cultura. No 78 fixemos a primeira cea no hotel Samil, no que reunimos unhas 300 persoas. Cada unha pagou o seu prato e entregáronse cinco premios. O ano seguinte, xa eramos mil.

Eran tempos moi diferentes aos actuais.

Foron moi importantes porque a democracia susténtase na sociedade civil galega, que logo administran os políticos. Iso é unha honra para min como galego. Falar a lingua galega ten que ser un motivo de orgullo. Fóra recoñeces polo noso acento, é unha marca. Eu estudei en Madrid nos anos 70, e ser ou falar galego era moi complexo porque a capital era clasista. Pero agora é marabilloso. As veces cometemos o erro de esperar a que veñan os de fora para valorar o que tes diante.

Que foi o que cambiou desa primeira edición dos Premios da Crítica de Galicia ata hoxe?

Creo que foi o papel da muller. Iso nótase no papel dos xurados. Cando comenzamos, no 78, so había unha muller pra decidir a quen se lle daba o galardón. Agora son 32 das 54 persoas que compoñen o xurado nas diferentes categorías. Iso foi unha auténtica revolución. Os premios, aínda que non teñen unha dotación económica, contan con moito prestixio no mundo da cultura galega e o nivel dos que teñen que decidir os gañadores é moi elevado.

Contenido patrocinado

stats