Bieito Ledo: "O libro en papel non desaparecerá nunca, é o protagonsita da Humanidade"

Bieito Ledo, editor

Publicado: 21 ene 2023 - 00:54 Actualizado: 21 ene 2023 - 11:54
Bieito Ledo, no set de Atlántico TV.
Bieito Ledo, no set de Atlántico TV.

Bieito Ledo (Xunqueira de Ambia, 1944), editor e escritor, a quen lle gusta definirse a si mesmo como “axitador cultural” visitou a set de AtlánticoTV para falar dos distintos ámbitos nos que está involucrado: “É un pracer vir onde se utiliza como ferramenta a palabra tanto oral como escrita, xa que é o que fai que nos entendamos e o que nos humaniza”.

De tódalas súas actividades escolle a de editor como súa profesión.

Na vida ninguén pode facer o que lle dá a gana, pero hai unha marxe de decisión individual e eu tiven a sorte de ir elixindo o que me facía feliz. Tódolos traballos que tiven gustáronme, logrei que non fora unha maldición de deus, senón un pracer que vivín con enerxía e satisfacción.

Na súa labor de editor foi responsable de publicacións senlleiras como a Enciclopedia Galega ou o dicionario. Que significou para o sector estes proxectos?

Os seis anos que estiven de director xerente de Galaxia, con Ramón Piñeiro como director literario, a maioría dos libros que publicou debeuse a miña iniciativa. Unida esa traxectoria como a miña actividade despois en Ir indo, teño cerca de mil orixinal editados, dous ou tres millóns de libros que xa son patrimonio de quen os ten. Asumimos a realización da Enciclopedia Universal Galega nun momento muy difícil, no que se pasaba do papel ao dixital, esta, o mesmo que so seu fillo literario, “Di galego”, foron mercados pola Xunta, que ten a súa titularidade. Só o segundo está colgado en internet, é unha pena que non o estea a enciclopedia ao servizo de toda a colectividade.

Como evoluíu o sector do libro dende os seus comezos?

Cheguei a Vigo no 75 e fundei libraría Ir indo e tralo meu paso por Galaxia, pasei a maior parte da miña vida activa en Ir Indo como editorial. Agora é un momento de ouro, hai libros de consulta ou dicionarios foron asumidos por internet, pero hai un esplendor tremendo na creación literaria tanto xuvenil, infantil ou de adultos, en campos tan diversos como a poesía, en Galicia somos admirados e líderes de tódalas provincias. Aínda que as liñas de comunicación como o ferrocarril sempre chegan tarde, pero na medida que saímos para fóra e coas tres universidades, xorde a enerxía creativa da xente nova, que é onde está futuro.

Hai lectores para os libros en galego?

Hainos. O noso nivel cultural elevouse, moita xente pasou pola universidade, ler é importante, aínda que sexan en soportes informático, que non ten a apronta do libro. A edición dixital é como auga que cae estes día, escorrenta ao mar, non se pode beber porque é salgado, pero o impreso é como a neve que está na serra de San Mamede, onde nace o río Arnoia que se ve dende a miña aldea. Dise que un ano de neves, ano de bens, porque esa auga cala lentamente na terra e logo sae por unha fonteliña, aí está o coñecemento e a sabedoría. O libro en papel non desaparecerá nunca, foi marcando a historia, é o protagonista da humanidade.

Antes falou da tardanza do ferrocarril. Seica está metido nunha plataforma cidadá que defende unha alternativa da Alta Velocidade.

Creamos un colectivo civil de doce persoas, co enxeñeiro José Carlos Fernández, experto en ferrocarril. Plantexamos a iniciativa, aproveitando que coa saída de Vigo a Portugal, convértese nunha estación termo a pasante. En dirección a Madrid, o tren a Ourense sae a superficie de Porriño colectivo civil, propoñemos a iniciativa vai saír de Vigo a Portugal deixará de ser estación termo a ser pasante, saíndo a superficie en Porriño, suxerimos que sega en curva esquerda polo río Tea, altura de Mondariz ata Carballiño, empatando alí co que vai de Ourense a Santiago. De ser así, ambas cidades estaría a 25 minutos, beneficiaría aos vigueses que van a Madrid (os que imos ás aldeas temos que usar o coche), pero tamén aos ourensanos que veñen a Samil, a ver as luces, a traballar ou a mercar, porque Vigo non se pode entender sen os ourensanos.

"Hai que manter o sentido do humor porque cura"

Aínda que xa leva máis anos nesta cidade que na aldea, nunca esqueceu as súas orixes.

Un ser humano ten que ter raíces que hai que regalar. Eu vin botar ramas e froitos, pero teño que ir a Padroso, a miñá aldea.

Ese localismo ben levado foi premiado co Vigués Distinguido en 2005 e o Fillo Predilecto de Xunqueira de Ambia en 2006.

So me falta outro premio, a entrada ao ceo, pero non teño presa negunha, todos vaian indo diante miña.

En 2001 tamén recibíu o Premio da Crítica de Galicia, uns galardóns que contribuíu a fundar.

No 76, un ano despois de chegar a Vigo, ofrecéronme a presidencia do Círculo Ourensano de Vigo. Puxen unha única condición, que me capacitasen para crear o meu equipo (Víctor Freixanes, Manuel Murado ou María Xosé Porteiro) No 78 celebrarmos a primeira edición dos Premios da Crítica en véspera dos 17 de maio que era día laboral. Reunimos a 300 persoas no hotel Samil que pagaron 800 pesetas pola cea. Non faiamos nengunha edición. Os Premios son unha obra colectiva, onde o meu mérito é está na parroquia de Bieito (bromeu). Hai que manter o sentido de humor, cura, xera a cordialidade nas relacións humanas. Agora, que nunca tivemos tanta riqueza en Galicia e en xeral, estamos moi deshumanizados.

Bieito Ledo, editor: "O libro en papel non desaparecerá nunca"

Contenido patrocinado

stats