Baltar dá clase de ourensanía en Vigo

Manuel Baltar presentou o seu libro “Falemos de ourensanía” fronte a máis de 150 asistentes, amigos e compañeiros do Partido Popular, nun acto onde presumíu de provincia e de profesión política

ana baena. ViGO abaena@atlantico.net

Publicado: 25 ene 2013 - 09:34 Actualizado: 10 feb 2014 - 12:47

Manuel Barata Quintas, Teresa Cendón, Manuel Baltar, Xosé Antón Perozo e Luis González Tosar, na presentación do libro “Falemos de ourensanía”, onte na Casa do Libro de Vigo.
Manuel Barata Quintas, Teresa Cendón, Manuel Baltar, Xosé Antón Perozo e Luis González Tosar, na presentación do libro “Falemos de ourensanía”, onte na Casa do Libro de Vigo.

nnn O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar estivo onte en Vigo para falar e reflexionar de política en clave ourensá: “Vexo ás provincias como un reto, non como unha causa perdida; baséome en cuestións válidas que existen e teñen un goberno nas deputacións; vamos a aproveitar ese instrumento que pese ao que pensan moitos non son unha herdanza franquista, son fillas de Constitución de Cádiz”.

Baltar, acompañado polo seu editor Perozo, polo autor do prólogo Daniel Barata, exconselleiro de Cultura; polo escritor Luis González Tosar, e pola concelleira viguesa do Partido Popular, Teresa Cendón presentou “Falemos de ourensanía” no salón de actos da Casa do Libro, que quedou pequeno ante un aforo superior aos 150 asistentes. “Escribo porque quero divulgar, porque estou en política e porque me gusta a política”.

Preguntado polo seu editor, quen se confesou contrario ás deputacións ata que escoitou ao autor nunha conferencia en Santiago, Baltar debullou a súa filosofía. Falou da triple reforma das deputacións (competencias, financiamento e eleccións directas); das cualidades esenciais da política como o reformismo, “para evitar o que pasa estes últimos anos coa xente pedindo solucións”; o galeguismo, “o PP non pode deixar a bandeira do galeguismo porque hai que defender o noso maior tesouro”. Pero tamén quixo animar á cidadanía a participar, a facerse oír: “Agora estamos na ‘Xeración Vós’, onde a xente debe asumir o protagonismo, sen desentenderse da política, que aínda que estea moi devaluada nestes tempos, é a única vía que temos para saír da crise”. Baltar falou dos seus plan para os vindeiros anos co programa “Ourense 92” e da colaboración de administracións fronte a fusión de concellos. Rematou asegurando que se están dando pasos para o reflotamento das deputacións, “pode ser porque o presidente do Goberno tamén o foi dunha deputación”. Despedíuse asegurando que “a provincia de Ourense ten moito futuro”.

Chegou á Casa do Libro camiñando. Na porta agardábano simpatizantes, amigos, compañeiros de partido e representantes da Xunta: Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura; Miguel Santalices, López-Chaves; os exalcaldes Manoel Soto e Manuel Pérez. Entre o público deixáronse ver Alonso Montero, Antón Pulido e Bieito Ledo, os tres con grandes vencellos con Ourense. Tal e como indicou a concelleira Teresa Cendón na súa presentación, “que o libro se presente aquí explícase en que a terceira parte de Vigo é Ourense”.n

Contenido patrocinado

stats