"Animo a facer historia cunha feminista e nacionalista"

HACIA EL 5-A

Ana Pontón presentou a lista do BNG pola provincia e dixo que o seu compromiso pasa por "investimentos a favor de Vigo"

a.b. vigo
Publicado: 07 mar 2020 - 02:39 Actualizado: 07 mar 2020 - 04:11
Ana Pontón, con Luis Bara, Alexandra Fernández e o resto da candidatura.
Ana Pontón, con Luis Bara, Alexandra Fernández e o resto da candidatura.

nnn A portavoz do BNG e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, animou ós vigueses a facer historia cun goberno "liderado por unha muller, feminista e nacionalista coas mans libres a favor de Galicia”, dixo na presentación da lista da provincia, que lidera de novo o pontevedrés Luis Bara. Tamén forman parte Montse Prado, Alexandra Fernández, Manuel Lourenzo, ou Carmela González, exemplos de “compromiso” para lograr o cambio galego o 5A da man do BNG. “Non son tempos nin de maiorías absolutistas nin de sucursalismos. E o tempo dun cambio galego da man do BNG”, declarou Pontón, quen aproveitou o acto para expresar os seus compromisos con Vigo. Neste senso, Pontón dixo que o primeiro é liderar un goberno "a favor desta cidade para que Vigo acade todo o seu potencial, que coloque Vigo no lugar que lle corresponde como motor industrial e tecnolóxico". Significa, dixo, " investimentos a favor de Vigo. Ese é o meu compromiso, porque nin Vigo, nin Galicia, merecen menos”.

No plano das propostas concretas, anotou un plan de reindustrialización que free a perda de emprego no sector industrial co naval como peza clave, e a creación dun centro de reparación naval na Ría de Vigo. Engadiu Pontón que o sector de automoción forma parte do ADN de Vigo, e que por iso o programa de goberno inclúe medidas para "frear a deslocalización de empresas do cluster do automóbil cara Portugal". Outra media prioritaria é converter Vigo na capital galega da innovación, en I+D+i, "man a man co sector público, co sector privado e coa Universidade". Finalmente, anotou facer realidade a Área Metropolitana "estancada pola loita partidista PP-PSOE".

Na idea insistiu Bará convencido de que a cidade vai xogar un papel determinante na derrota do PP. “Queremos abrir un tempo novo de esperanza co protagonismo e o liderado de Vigo, unha cidade que debe ser a grande metrópole atlántica, un grande polo industrial cultural e tecnolóxico para impulsar Galicia cara o futuro”. Bará subliñou que Vigo vai ser chave na derrota PP. n

Contenido patrocinado

stats