Ana Miranda: “O BNG estará 5 anos en Europa, primeiro no escano, logo asesorando”

Eleccións europeas

A eurodiputada do BNG, Ana Miranda, analiza os resultados das eleccións europeas

Ana Miranda, con Queiruga e outros membros da lista, onte en Bouzas.
Ana Miranda, con Queiruga e outros membros da lista, onte en Bouzas.

Cando a porcentaxe chegou ao 4,5% que precisabamos comenzamos a saltar. Foi incrible”. Ana Miranda xa está en Bruxelas. Onte colleu un avión, despois de despedirse dos seus compañeiros de lista en Bouzas, porque como afirma en declaracións para Atlántico estes resultados “foron históricos, recuperamos un escano na noite electoral que non tiñamos dende 1999”.

Ante o desconcerto xurdido sobre canto tempo terá representación asegura que “o BNG estará 5 anos en Europa, primeiro co escano e logo en asesoramento, imos en coalición e temos que repartir o tempo, pero desta vez non temos que agardar ao último ano e medio para entrar”, xa que era a terceira da lista. Considera que é unha polémica inxustificada e interesada, ao que apuntou “cando foi o de Albia eu non era deputada, pero abordamos o tema igual. De que vale que estean 5 anos se non traballan?”. Interprétao como unha mostra de “medo ante o avance antifascista, saben que non nos van dobrar, nin calar”, apunta en referencia ao que sempre escoitou na casa aos seus pais.

Amósase dobremente satisfeita polos resultados tras unha campaña que da que dixo que “había moita desmobilización e desinterese, pero aínda así logramos 180.000 votos”. A estratexia dos partidos maioritarios, PSOE e PP, asemellouna “a un duelo do bipartito, tiráronse os trastos madrileños e os únicos que falamos de Galicia e das súas preocupacións fomos nós; foi un sobreesforzo porque non interesaba falar doutros temas”. Por primeira vez participará na constitución das comisións dende o principio, algo no que ten grande interese. A diferencia dos outros representantes galegos, defende que Pesca e Medio Ambiente segan xuntos. “É o que di Rogelio Queiruga, se non hai saneamento, non hai peixe, o que non pode estar é un por riba doutro, hai que ter en conta a dimensión social”.

Ana Miranda levará a camisola “A voz galega en Europa” coa estrela vermella. “Faime moita ilusión, estou feliz de ter recuperado ese escano de saída e vouno visibilizar". Entre os asuntos que a agardan sobre a mesa destaca un “Altri, non”. “É unha urxencia absoluta, agardan 250 millóns de euros de fondos Next Generation para xuño e nós queremos que se invistan en Galicia noutra cousa que non destroce o país, temos que movernos rápido”, asegura. Xunto a esa carpeta, está a do fondo europeo de vivenda, outra prioridade.

Contenido patrocinado

stats