Ana Miranda, candidata nacionalista ás eleccións europeas: “O BNG é a voz galega en Europa”

"O 85% das nosas vidas é lexislación europea", sinala a eurodeputada e candidata do BNG ás elecións europeas

Publicado: 01 jun 2024 - 07:00 Actualizado: 01 jun 2024 - 19:29

Ana Miranda no set de TV de Atlántico.
Ana Miranda no set de TV de Atlántico.

Ana Mirandadefínese como viguesa das Travesas e de Bouzas. É unha veterana en Europa e renova como candidata do BNG para o 9 de xuño. Di que está recibindo moita sintonía co BNG e co traballo feito no Parlamento Europeo.

Que destacaría do seu traballo no Parlamento europeo?

O saneamento das rías nun momento en que hai unha baixada da produtividade do sector marisqueiro. Vese a posibilidade que ten o traballo dunha eurodeputada galega e do BNG, que defende en Europa os sectores produtivos e o traballo galego. Conseguín desbloquear 36 millóns de euros.

Un logro que lle guste lembrar?

O orgullo de ter defendido ás víctimas do accidente de Angrois. Grazas a iso se abríu un procedimento de infracción na Comisión e obligou ao Estado a que fixera un plan para cambiar toda a normativa de seguridade ferroviaria.

Que se pode facer dende Europa para facilitar o acceso á vivenda?

Dende o BNG pedimos un fondo europeo para vivienda, dentro dos fondos de cohesión. Que permita que Galiza poida ter a construción subvencionada con fondos europeos para vivienda pública. Faise noutras partes de Europa. Creo tamén que segue habendo un problema coa emigración da mocidade. Vexo nos avións que marcha traballar a empresas de fóra, que lle pagan tres veces máis e que lle dan casa. Nas eleccións europeas decídese sobre moitas cousas, sobre o que comes, sobre cómo comes, os traballos, pensións, a vivienda, o investimento social ou sobre o cuestionado investimento en armas.

Que opina da política europea en Ucraína?

O investimento en armamento vemos que non está dando un resultado. Non hai una negociación pacífica de conflictos e no BNG demandamos unha solución negociada no marco de Nacións Unidas.

Que opinión lle merece a declaración de España sobre Palestina?

O recoñecemento por parte do Goberno español é benvido. Eu estiven alí, na fronteira exipcia, hai tres meses e puiden ver camións de axuda humanitaria que non pasan porque Israel non lles deixa. É un auténtico xenocidio. A posición española é un pouco máis avanzada que a europea pero deberíamos romper relacións diplomáticas.

Un sector que nos preocupa moito en Vigo é a pesca. Que lle pareceu o trato do comisario?

O comisario Sinkevičius non entendeu a pesca galega, nos tratou moi mal e non nos escoitou. Eu pedinlle varias entrevistas e non escoitou. Teño un balance moi negativo como eurodiputada galega. Na comisión de Pesca nunca me respondeu. Só agardo que non sexa comisario de Pesca outra vez. Eu tiven máis de corenta intervencións no Parlamento Europeo defendendo a pesca galega.

Cre que debería estar separada a área de medioambiente da de pesca?

Totalmente. Dende o BNG imos defender que haxa un comisario ou comisaria de Pesca separado. Somos o principal pobo de Europa en materia pesqueira e se non teñen a ningún, non se preocupen, que me poden poñer a mín. Temos que ter alguén que coñeza a pesca.

A política pesqueira común, necesita dunha adaptación?

Si porque non responde ás necesidades da flota. Hai un problema grande de relevo xeracional, de acceso a caladoiros, de TACs e cuotas negativos para a flota galega e tamén hai que comprometerse a facer unha reforma que teña en conta o impacto social. Se a pesca galega fose alemana tería outra protección.

Como ve o reparto dos fondos Next Generation?

Terían que ir para renovación, adaptación, aforro enerxético, en definitiva para construír, non para destruír. Aquí se tiña que apuntalar a agricultura, a pesca e o sector industrial. Na automoción pedín un fondo de transición xusta, para que se manteñan os postos de traballo en Vigo. Agora o que pretende facer a Xunta é instalar unha planta en Palas de Rei, destruíndo un territorio e unha natureza.

Por que lle diría á xente que Europa é importante.

Alí decídense sobre as cousas de comer e no que traballamos. Unha deputada galega coma min vai ser sempre leal aos intereses de Galiza, de Vigo e das clases traballadoras. Teñoo demostrado ao levar os intereses galegos na Eurocámara. Falar da AP-9, do corredor atlántico, de que o Porto de Vigo esté na rede transeuropea. O 85% das nosas vidas é lexislación europea. O BNG é a voz galega en Europa.

Contenido patrocinado

stats