O acto do 27 de setembro lembrou en Vigo aos últimos fusilados do franquismo
Amigos e compañeiros de Xosé Humberto Baena reuníronse o 27 de setembro diante da súa tumba para honrar a súa memoria
“Mañá matarán a Daniel”. Así comezou o acto xunto ás bandeiras de Galicia e a Republicana, facendo referencia ao nome en clave de Baena. A súa irmá, Flor Baena, fixo repaso aos logros obtidos na loita pola Memoria e destacou o silencio do Concello de Vigo ante a solicitude dunha homenaxe pública en cumprimento da Lei de Memoria Democrática. "Gustaríame que lle poña o nome do meu irmán a unha rúa, é pequena, unha rúa de monte que non ten nome, por detrás do centro comercial Meixueiro, onde vivían os meus pais. Significa moito. Pídolle ao alcalde non ser menos que Oleiros, onde si está presente no rueiro". Asemade, lembrou o Espazo Baena que lle adicaron na Universidade de Compostela na facultade de Historia, onde foi estudante.
Maruxa, compañeira de Baena, presente no acto, pediu que se lera unhas palabras no seu nome denunciando a atrocidade que aconteceu hai 51 anos: "Cada 27 de setembro enfermo...".
A camarada Rita leu unha carta de Victoria Sánchez Bravo, irmá do segundo vigués executado ese mesmo día. Como cada ano, a cerimonia serviu para lembrar tanto a Baena e Sánchez Bravo, como aos outros tres fusilados Txiki, Ángel Otaegui e Ramón García.
Recalcouse a importancia de ter logrado anular os xuízos sumarísimos polos que foron condenados, pero alertouse que que queda moito que facer "pola memoria antifascista", tal e como puntualizou Javier Moreda, da asociación Memoria, Verdade e Xustiza.
Ao acto, que contou con distintas intervencións, acudiron integrantes do movemento memoristas representantes da cultura, activistas republicanos, membros do BNG vigués e escritores como o catalán Roger Mateo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar