Achegamento a Begoña Caamaño na toponimia do seu barrio vigués

Gonzalo Navaza desvela a orixe das localizacións da escritora Begoña Caamaño, mentres A banda da Loba inspírase na mesma no seu tema “Merlín”

Gonzalo Navaza trasladouse ao adro de Santa Cristina de Lavadores.
Gonzalo Navaza trasladouse ao adro de Santa Cristina de Lavadores. | Atlántico

As homenaxes á escritora das Letras Galegas expándese a todo o mes de maio e seguen os actos que afondan en Begoña Caamaño e a súa contorna. Así, dende o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega investigan na orixe de catro localizacións vencelladas á literata: Esmelle, Miranda, Lavadores e O Calvario, a dúas últimas en Vigo. O académico de número Gonzalo Navaza explica nun vídeo colgado na web da RAG, que de onde xurde o nome do barrio onde naceu Caamaño en 1964. Sinala que o rastro máis antigo atópase na Plena Idade Media. A documentación máis vella que chegou ata hoxe data de 1153 e fala dun Monte Calvario na freguesía de Santa Cristina de Lavadores. Fai referencia a un monumento relixioso de tres cruces, das que non se conserva ningunha, aínda que, facéndose eco das investigacións de Iván Sestay, considera que a última cruz deu nome á rúa do Cristo.

En canto á parroquia, a de Lavadores, explica que debe o seu nome á cantidade de lavadoiros que había na contorna de igrexa no entón coñecido río Sárdoma (hoxe Lagares). Lembra que foi concello dende 1836 ata 1941 que rematou absorbido por Vigo.

Doutro dos lugar, Esmelle, explica que o tomou prestado de Cunqueiro, que alude a unha parroquia ferrolá da que se ten atestacións dende o século XII. “A toponimia procede dun nome de persoa, Ismaeli”. Mentres Miranda, outro préstamo de Cunqueiro atópase nas terras de Mondoñedo. No mapa galego aparecen outras seis máis: en Lugo a Cangas de Morrazo, A Caniza e Parada de Sil.

Música e letras

A banda da Loba estrea o videoclip de “A Merlín”, o novo tema do grupo en homenaxe a Begoña Caamaño e ao seu universo literario. O novo sinxelo, inspirado na novela “Morgana en Esmelle”, recupera o imaxinario da autora para trasladar ao presente unha lectura crítica e feminista dos mitos artúricos. A canción pon o foco na tensión entre os personaxes de Merlín e Viviana, explorando cuestións como o poder, a liberdade e a resistencia desde unha perspectiva contemporánea. Protagonizado por Elisa López Santamaría e Eila Rodríguez Filgueiras e codirixido por Lara Caeiro e Sonia García, gravouse na provincia de Lugo, entre A Casa da Memoria (Bóveda), a Galería 32 de Luz (Lugo) e a Aula de Ana Santiago (Lugo).

Amais a viguesa María Xosé Porteiro presentou onte en Santiago a súa publicación “Begoña Caamaño. O xornalismo para a cidadanía”. “Foi unha militante do xornalismo de trincheira”, afirma Porteiro. Na súa proposta analiza as súas publicacións como “A palabra silenciada”, “Nosa Terra” ou “Tempos”, escritos que compaxinaba co seu labor radiofónica e onde descubre a unha profesional feminista, preocupada polas cuestións sociais. Reflexiona sobre a relación entre o xornalismo e a literatura, “máis do 60% dos autores das Letras Galegas eran xornalistas, pero só esta vez se fai fincapé na profesión”. Remata cun informe do Colexio de Xornalistas de Galicia sobre as mulleres no sector.

Contenido patrocinado

stats