Vigo canta á memoria e lembranza de Begoña Caamaño
Organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello, protagonizouno Uxía, que foi amiga da homenaxeada
O Auditorio Mar de Vigo acolleu onte unha emotiva e vibrante edición do Concerto das Letras, organizado polo Consello da Cultura Galega, no que a cantora Uxía estreou en directo o proxecto "Indómitas. Nove ondas a Begoña Caamaño", unha homenaxe musical, literaria e emocional á escritora, xornalista e feminista á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2026.
A cita reuniu numerosas personalidades do ámbito institucional e cultural. Entre as persoas asistentes estiveron o secretario xeral de Cultura, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; o alcalde de Vigo, Abel Caballero e membros da corporación municipal. Tamén acompañaron a artista a familia de Begoña Caamaño, entre eles Beatriz e os sobriños da homenaxeada, ademais de xornalistas da época de Begoña e destacadas figuras da cultura galega.
O concerto comezou co tema "Morgana", unha das pezas centrais do disco, abrindo un percorrido musical e emocional polo universo creativo e humano de Begoña Caamaño. Antes de interpretar a canción, Uxía lembrou á súa amiga cunhas palabras cargadas de emoción e convidou o público a emprender "unha viaxe" pola memoria, pola amizade e pola forza das mulleres "indómitas e libres". A cantante confesou ademais o seu desexo de que a actuación fose "unha festa" para conmemorar tanto a figura de Begoña como a de todas aquelas mulleres que abriron camiños de liberdade e resistencia.
Durante o espectáculo, mentres soaban as cancións de "Indómitas", proxectáronse no escenario as ilustracións de Viki Rivadulla que acompañan o libro-disco, creando unha atmosfera visual de grande beleza e intimidade. Música, palabra e imaxe fusionáronse nunha proposta artística que emocionou ao público desde os primeiros minutos.
Ao longo de preto de hora e cuarto desfilaron temas inspirados nos textos, no pensamento e na vida de Begoña Caamaño. Circe, Penélope, as amigas, o mar da Arousa e o de Vigo, as rebeldes ou as lobas que ouvean apareceron convertidas en cancións nun repertorio que transitou entre a emoción contida e a celebración colectiva.
Uxía estivo acompañada pola súa banda e por varias convidadas especiais que foron recibidas con entusiasmo polo público. Entre elas participaron Malvela, interpretando xunto á cantante o tema "Begoñísima", así como Wöyza, Su Garrido Pombo, Margarida Mariño e As Mosas.
O concerto serviu tamén para presentar o disco-libro, xa á venda.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
baloncesto/final a 4 liga challenge
"Cuando nos pusimos a su nivel de contactos, estuvimos mejor"
baloncesto/final a 4 liga challenge
La defensa deshizo la igualdad