Como ven os vigueses a situación do galego?

Consideran importante que se fale o idioma malia que recoñecen que non adoitan empregalo por falta de costume

Como ven os vigueses a situación do galego?

Cada 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas. Este ano a homenaxeada é a xornalista e escritora viguesa Begoña Caamaño, que morreu en 2014.

Segundo datos do Instituo Galego de Estatística de 2023, os máis recentes, Vigo é a cidade onde menos se fala galego. Os vigueses son conscientes desta situación e aínda que consideran importante falar o idioma algúns recoñecen que non o fan por falta de costume. “Penso que se fala demasiado pouco galego nas cidades. Xa é a costume cando un vai a facer unha compra falar en castelán”, sinala Xosé Luís. No lado máis optimista está Rosa, que ve que o galego está en auxe. Mercedes, pola súa parte, confesa que malia ser de Vigo fala en castelán porque os seus pais non lle inculcaron o galego. O descoñecemento da lingua provoca que algúns rexeiten consumir contido cultural en galego. “Non leo moito en galego porque recoñezo que hai moitas palabras e frases que teño que buscar no dicionario porque non as entendo”, confesa Anxo.

Contenido patrocinado

stats