Anxo Lorenzo: “A nosa intención é exportar o modelo do CGAC, dinamizar cultura en Vigo”
Anxo Lorenzo. Director xeral de Políticas Culturais da Consellería
Anxo Lorenzo (Vigo, 1964) é dende 2018 director xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura. Antes foi secretario xeral do mesmo departamento e ata 2012 de Política Lingüística da Xunta. Licenciado e doutorado en Filoloxía, visitou o set de Atlántico TV para falar dos investimentos e dos proyectos que o Goberno galego ten para Vigo no ámbito da Cultura.
Comezou a súa traxectoria política no campo da normalización lingüística para logo pasar ao da cultura. Como foi esa mudanza?
Foi un cambio bastante profundo. A política lingüística ten un ámbito máis limitado, vinculado a un sector moi concreto, mentres a cultura e un macrosector, onde hai absolutamente de todo, con áreas moi diferenciadas e coas súas particularidades. Vai dende patrimonio, bibiliotecas, arquivos, o sector do libro ou industria cultural.
De feito comezou na normalización como docente na Universidade de Vigo.
Na política lingüística tiña moita experiencia e coñecemento, é un campo afín. Din clases de cuestións de política lingüística, colaborei na elaboración no plan de normalización e no da propia Universidade. A lingua e a cultura non están moi separadas, entendendo a éste como un macrosector.
Cales son as funcións do director xeral de Cultura?
As miñas tarefas están dentro das competencias da Consellería e o que me pida o conselleiro. Temos un equipo amplo e diverso, cunha directora xeral de Patrimonio cultural e un director xestións culturais. Están moi ben delimitadas as cuestións de cada un, aínda que nalgúns temas traballemos todos. A min correspóndeme directamente o sector do libro, todo o que ten que ver con bibliotecas, arquivos e museos, así como a promoción e difusión da cultura dende a presenza internacional ata o máis achegado.
En Vigo, cal é o buque estrela da Consellería?
Aquí temos dúas estructuras claras que son para nós dúas xoias: O Museo do Mar de Galicia en Alcabre e a biblioteca do Estado Juan Compañel. O museo, con 20 anos, está consolidado e asentado na cidade. É a referencia do mar en Galicia, cando se trata de albergar achádegos de arqueoloxía submarina. En canto á biblioteca, é unha dotación do Estado que xestiona a Xunta nun edificio do Concello. A Xunta ten 300 bibliotecas en toda Galicia e leva directamente seis, de todas elas a que máis préstamos fai é a de Vigo, ten moitos socios e un movemento enorme. Por esta demanda levamos anos detrás de facer unha gran biblioteca que aumente a rede local que nesta cidade non existe.
Cando abra a Biblioteca do Estado seguirá operativa a Juan Compañel?
O edificio é do Concello de Vigo. Cando abra a Biblioteca Pública do Estado na zona de As Travesas, o goberno local ten que se posicionar, deberá decidir que facer, se mantela ou destinar o edificio a outros usos. Ao rematar as obras por parte do Ministerio de Cultura, xestionarémola nós, en cada localidade só nos encargamos dunha biblioteca.
Volvendo aos museo, sorprende a aposta pola arte contemporánea no programa de exposicións temporais. Non serían máis apropiadas para o Marco ou para a futura extensión de CGAC?
Formamos parte do padroado do Marco, aportamos nestes anos máis de 3 millóns de euros. Estamos contentos de que exista, xa que cumpre a función de ser a referencia en arte contemporánea na cidade e axuda a dinamizar o sector, como fai o CGAC. Estamos encantados de estar no Marco, pero tamén queremos ter unha sede do CGAC en Vigo, al igual que a queremos en Lugo. A nosa intención é exportar o seu modelo, non competir, senón dinamizar a cultura de Vigo. Queremos facelo no Casco Vello, pensamos que é o sitio máis adecuado para apoiar esa vertente creativa que está a xurdir alí. A iniciativa está parada porque o Concello négase a darnos eses espazo pedido ao Consorcio, pero que ten que ser aprobado por unanimidade. Esto non quita que tamén se programe arte contemporánea en Alcabre. O prioritario segue a ser o ámbito marítimo, pero tendo espazo e capacidade, é un lugar excelente para acoller outras actividades.
Vigo é demandante e creadora de cultura, como apoia colectivos respetando a súa independencia?
Apostando por esa creatividade para lograr que se materialice, dando facilidades de difusión e de distribución. Un exemplo sería o audiovisual galego, un deles “Matria”, de Álvaro Gago, recibiu axuda de produción da Xunta e acompañamos aos festivais internacionais onde quixo estar, a Berlinale e a Málaga. Outro exemplo, nas artes escénicas, colaboramos con tres: auditorio municipal media 60.000 euros anuais, e con cantidades semellantes nas dúas artes privadas, Ártika e Ensalle, salas privadas non son habituais no resto de Galicia. En Vigo repartimos 150.000 euros a través dos fondos europeos para a mellora de equipamento en locais de música e artes escénicas, sinal de que en Vigo hai proxectos.
Este ano coinciden os dous autores destacados polas Real Academias Galegas vencellados coa cidade, Don Paco, polas Letras Galegas, e Martín Códax polo Día da Arte Galega.
Dende a Consellería temos un plan trazado con accións que inclúe unha exposición sobre Fernández del Riego, que estamos pechando con Galaxia que viaxará a Vigo, así como outras accións que terán a esta cidade como protagonista. O mesmo que no caso de Martín Códax, xa que temos un convenio de colaboración coa Real Academia de Belas Artes de Galicia para realizar accións conxuntas.n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último