David Amoedo e Mariña López: "É absurdo que a Biblioteca do Estado vaia nun inmoble novo con tantos baleiros"
"Hai espazos como Jacinto Benavente, que son naves en altura, que poden ser reutilizadas para vivenda conservando volumes e maquinaria", sinalan os activistas
Beiramar da Xente xurdiu hai uns anos para defender o patrimonio industrial vencellado ao litoral vigués. A súa loita chegou a solicitar á Xunta incoación dos inmobles como Bens de Interese Cultural (BIC). A iniciativa cada día suma máis apoios e dous dos seus responsables, David Amoedo (DA) e Mariña López (ML) visitaron o set de Atlántico TV para explicala.
Que é Beiramar da Xente?
(DA) Comezou hai dous anos e medio. O noso compañeiro Angel Vila tentou xuntarnos a tódolos que estábamos na batalla da protección do patrimonio, nas nosas trincheiras, para montar algo máis grande con máis forza. Estamos integrados por asociacións con máis de 10 espazos, traballando polo patrimonio industrial e xente tamén colaborando a título persoal.
E a súa principal medida é conseguir os BIC para zonas importantes en Vigo, non?
(ML) Exactamente. Temos presentado o BIC para os espazos de Alfageme, para a Artística e para o Barrio do Frío ou Jacinto Benavente, que inclúe Albo, Frigodis, Friguesa, entre outros. Consideramos que forman parte da memoria viguesa e da nosa identidade. Vigo non se explica sen eles. Cando comezou o Plan Xeral e os Peris, estes espazos tiñan unha ameaza real, unha presión urbanística importante. Pensamos que o único instrumento que nos quedaba para poder protexelos era o BIC. Presentámolo hai un ano e levamos este tempo facendo un labor activista en torno a protección destes espazos e tamén pedagóxica para explicar por que son importantes conservalos integramente.
En que momento se está?
(ML) O BIC depende de Patrimonio de Cultura da Xunta. O BIC son uns procesos moi lentos, pero pode resolver unha en dous. Nestes intres imos falando con eles. É certo que teñen unha carga de traballo importante en este departamento.
O BIC oponse ao desenvolvemento urbanístico?
(DA) Depende un pouco da tipoloxía dos edificios. Teñen ter unha área de respecto, por exemplo, hai zonas como Alfageme, que tanto Patrimonio da Xunta, como nós consideramos que o conxunto que non debería ser tocado. Hai outros espazos como Jacinto Benavente, que son naves en altura, que poden ser reutilizadas para vivenda conservando volumes e maquinaria. Serían aproveitables xa para ese desenvolvemento residencial, conservando a estrutura. Hoxe non hai ningún estudio sequera deses edificios, ningún inventario do que hai dentro.
Beiramar da Xente propón distintos usos?
(DA) O primeiro que pensamos foi nas carencias do barrio, que son moitas, e puxémolas en relación co tipo de edificio: desde multiusos para Alfageme ou bibliotecas para os barrios. En Jacinto Benavente podían construír vivendas sen ser tirados, sen xerar residuos, nin consumir materias primas. É moi acorde co momento que vivimos de crise climática e da alza do prezo das materias primas. Igual que tamén consideramos absurdo que a Biblioteca do Estado vaia nun inmoble novo, con tantos baleiros.
Serían axeitados para un uso dotacional?
(DA) Exacto, son naves pensadas para o almacenamento. Soportan cargas moi grandes. Daba perfectamente para facer bibliotecas, usos residenciais, dotacionais, de todo. Son edificios que en calquera outra cidade nin sen formularían desbotar. Por exemplo en Porto, conservaron o conxunto dos almacéns de Vilanova de Gaia. Eso é o bonito.
(ML) Non só son importantes os edificios, senón a memoria que albergan dentro. Perderemos esa lectura de Alfageme ou de La Artística. Esa memoria obreira, a maioría feminina, tamén a queremos conservar. Non son só edificios.
Dende Beiramar da Xente teñen feito actividades no campo da Memoria?
(DA) Fixemos routeiros, puxemos placas contando a súa historia. Estamos entrevistando antigos traballadores. Subimos todo ese material á web para quen a queira consultar. O patrimonio industrial é novo, do século XIX e XX. Falta ese coñecemento, non temos espazos case en vivo que conten esta historia tan identitaria de Vigo. Nós queremos contar o que aí pasou, porque o máis importante é que a xente coñeza o valor que tivo es actividade industrial, non só en Galicia, senón tamén en España e en Europa. Temos un patrimonio de deseño gráfico espectacular agochado nas empresas que queremos recuperar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar