Alfonso Villares: "O mar galego ten que pescar máis porque é sostible"
Entrevista ao conselleiro do Mar
"Na economía azul é onde se basa a nosa lei do litoral. Queremos ser os galegos os que fagamos o futuro da nosa terra, vinculado ao mar", di o conselleiro do Mar da Xunta
Alfonso Villares (Cervo, 1970) fai un ano como conselleiro do Mar. Licenciado en Veterinaria exerceu profesionalmente entre 1996 e 2007, ano en que foi elixido como alcalde de Cervo, un cargo que deixou en 2023 para incorporarse ao goberno de Alfonso Rueda.
Como foi este primer ano ao fronte da consellería?
O tempo pasa moi rápido e cando un entra nesta Consellería do Mar descubre a importancia do sector mar-industria en Galicia, que é amplísimo. A súa dimensión económica e, sobre todo, a súa dimensión social. A importancia para a nosa identidade galega, que non se pode concibir sen o noso mar e ese litoral, o máis extenso de todo o país. É unha experiencia moi boa, aínda que quede moito por ver e tento aproveitar o tempo ao máximo e estar o máis preto das persoas.
Estamos a piques de votar nas eleccións europeas e dende Bruxelas se define a política de pesca. Defende a revisión de la Política Pesquera Común?
Tivemos un comisario de Pesca que se preocupou máis de levar adiante unha política esaxeradamente e falsamente medioambientalista. Digo esto porque o 70% do peixe que se consume en Europa ven de fóra e o 30% péscase en Europa, principalmente en Galicia, e á frota galega se lle esixen unha serie de condicións que os galegos cumprimos, pero dudo de que esas esixencias sexan o mesmo para productos que veñen de fóra de Europa e de frotas que non son tan sostibles como a nosa. Polo tanto, a nosa loita vai ser reivindicar ante Europa que temos que ser soberanos alimentariamente, temos que capturar o que consumimos. Porque tivemos a experiencia do covid, unha guerra en Europa e temos que ser autosuficientes cunha proteína de altísima calidade, con moi baixa pegada de carbono e hídrica, que ademáis é medioambientalmente sostible. Temos que reivindicar pescar máis.
Aínda estamos á metade do ano e falta para negociar as vindeiras cotas de pesca, pero como se están a desenvolver as cotas deste ano e que perspectivas hai cara o ano que vén?
Houbo moitas lesións á nosa frota nestes anos. O veto en áreas do Cantábrico para o palangre, o veto ao arrastre, decisións que se tomaron por parte deste comisario nas que non se tiveron en conta os aspectos socioeconómicos. Pero houbo unha sentencia hai pouco do Tribunal Europeo onde di que se teñen que ter máis en conta estes aspectos socioeconómicos. Polo tanto, plantexa a revisión das cotas que se teñen negociado o ano pasado. Eu lle transmitín ao ministro Planas que esa revisión se fixera xa, sen esperar ao final do ano. Non se fixo, pero haberá que insistir. O sector do mar galego ten que pescar máis porque somos os que pescamos de xeito máis sostible en todo o planeta.
Hai tamén problemas coa distribución das cotas de xarda que está afectando a frigoríficos.
Incido que temos que ser capaces de capturar máis xarda sen lesionar o recurso, sendo sostibles, porque hai capacidade. O tema da xarda é unha reclamación que temos que facer á Comisión Europea e que lle trasladaremos ao Goberno español. O sector é quen ten que distribuir a cota de xarda, pero se xogamos cun campo onde temos máis capacidade, moito mellor para todos.
O marisqueo está a pasar por problemas, con baixa salinidade e a elevada temperatura da auga que fai crecer a mortaldade. Que lle traslada ás confrarías?
Lles traslado optimismo, que os galegos e galegas temos que seguir vivindo do marisqueo. É un recurso de Galicia calidade e un producto que non hai en ningún outro lugar do planeta. Está claro que estes tempos non foron bos. Este ano pasado houbo unha serie de consecuencias negativas e nós o que estamos a facer é, conxuntamente co sector, có que nos estamos a reunir dende o minuto un, vendo os camiños a tomar. Puxemos a funcionar unha mesa do marisqueo, onde temos todos os técnicos, biólogos e diplomados en Ciencias do Mar, así como técnicos da Xunta. Entre todos temos que buscar o diagnóstico concreto para cada zona e as medidas. Tamén falando co sector. Son moitas as causas que afectan ao marisqueo, pero imos conseguir conxuntamente con eles solución. Somos a zona de Europa cos mellores científicos e centros de investigación, somos referentes e a propia Europa nos utiliza para foros internacionais.
Non houbo declaración de zona catastrófica.
A pena é que pedimos unha declaración de zona catastrófica ao Estado pero non consideraron catastrófico o que pasou en Galicia. Cando teñen que tomar unha decisión pois din que non. Traballaremos sós, co sector podemos revertir esta situación.
A crise con Arxentina, ten afectado a empresas pesqueiras?
Foi importantísima a visita que fixemos á Arxentina o presidente e máis eu. Puiden ver a importancia da nosa xente e a nosa terra en sitios como Arxentina. A dimensión social dos galegos é tan grande e nos adaptamos en tódolos sitios e a través do noso traballo somos capaces de poñer a nosa impronta. Os lazos que se estableceron foron importantes cos distintos gobernadores das zonas onde están as nosas empresas e tamén cos representantes do Estado. Temos feito unha folla de ruta e imos estar en contacto con eles. Da pena que durante estes días se viran eses comentarios entre os representantes do Goberno español o e arxentino. Esperemos que quede todo en nada. A verdade e que esto non axuda pero esperemos que non prexudique a un traballo que leva feito toda a nosa xente tantos anos.
O espaldarazo nos tribunais á ley del litoral, como se concreta para o sector mar-industria?
O feito de que podamos ser donos do noso litoral é fundamental. Dende Madrid había unha idea de que querían que Galicia fose considerada como reserva natural, onde non había personas. Pero hai vida no noso litoral e hai familias e pobos que viven do noso mar. E queremos seguir vivindo do noso mar tamén coas políticas futuras, onde a sostibilidade é fundamental e pensar que temos que facer traballos para as seguintes xeracións. Nesa economía azul é tamén onde se basa a nosa lei do litoral, onde queremos ser os galegos os que sigamos facendo o futuro da nosa terra, vinculado ao mar. Tamén coas empresas e actividades que hai agora mesmo. O que queda é que se xunte esa mesa entre o Estado e o Gobero galego para esa transmisión de competencias e de medios para levar adiante o que dictaminou o Tribunal Constitucional.
Un área de crecemento é a acuicultura. Hai proxectos sobre a mesa?
Sí. Somos pioneiros en moitos destes sectores e empresas. Hai proxectos que xa están funcionando e outros encima da mesa que teñen que fluír. Xorden a través da capacidade dos galegos e galegas de levar adiante proxectos innovadores. Para eso necesitamos tamén unha axuda do Estado e deses Pertes (proxectos estratéxicos con fondos europeos) do mar. Agora se anuncia un Perte de 50 millóns, nada que ver co que pedimos de 400 millóns para levar adiante esa ambición e esa forma de ser galega de seguir sendo referentes no sector do mar. Eses proxectos necesitan empuxe. Insistiremos que Galicia é parte de España e que queremos axudar á xente do mar.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último