12 nov 2013

Premio Ourensanía para un franciscano 'defensor do noso'

O Mosteiro de Oseira foi escenario onte dunha homenaxe ó ministro xeral da Orde Franciscana dos Frades Menores e Arcebispo de Belcastro, José Rodríguez Carballo, nomeado polo papa Francisco secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica.