6 oct 2011
O Ciclo Ghazal trae tres concertos de música árabe a Santiago para 'impulsar o diálogo intercultural'
O Ciclo Ghazal, organizado pola Fundación Araguaney en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), traerá a Santiago un total de tres concertos de recoñecidas figuras da música árabe co obxectivo de 'impulsar o diálogo intercultural' entre Galicia e o mundo árabe a través da 'linguaxe internacional' da música.