PREMIOS OSCAR
Lista completa de nominados a los Oscar 2026
Así presentouno este xoves a responsable de eventos da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, Rosana Vilouta, nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo director da Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero, e o concelleiro de Cultura do Concello de Santiago, Ángel Currás.
En concreto, o ciclo comezará o próximo 23 de outubro coa actuación de Le Trio Joubran ás 20.00 horas no Teatro Principal de Santiago. Estes tres irmáns, dos que Fernández Fasero destacou a súa 'tremenda proxección internacional', mostrarán en Compostela o seu excepcional dominio do laúde.
Por outra banda, o 17 de novembro será a quenda do concerto do músico franco-algeriano Fayçal Salhi, un 'home moi versátil' e entregado á 'música árabe europeizada'. Finalmente, o ciclo de concertos concluirá o 8 de decembro coa actuación do cantante Moneim Adwan, especialista en canción tradicional palestina.
Contenido patrocinado
También te puede interesar