24 feb 2009

Antón Lamazares: ’Laxeiro é a columna fundamental da cultura galega do século XX’

A Fundación Laxeiro reuníu un cento de persoas na comida anual que convoca para celebrar o aniversario do artista, do que o ano pasado se cumprimiu o centenario. Un éxito de convocatoria que serviu para celebrar a entrega do Premio Laxeiro 2009 ó pintor Antón Lamazares (Lalín, 1954) que comezou a súa carreira nos setenta a raíz da súa amizade con Laxeiro, a quen considera o seu ’mestre e pai’, e ’a columna fundamental da cultura galega do século XX’. Lamazares é un dos referentes plásticos da do XXI.