Antón Lamazares: Laxeiro é a columna fundamental da cultura galega do século XX
A fundación celebrou o xantar anual de homenaxe ó pintor e entregou o seu premio ó artista plástico
A Fundación Laxeiro reuníu un cento de persoas na comida anual que convoca para celebrar o aniversario do artista, do que o ano pasado se cumprimiu o centenario. Un éxito de convocatoria que serviu para celebrar a entrega do Premio Laxeiro 2009 ó pintor Antón Lamazares (Lalín, 1954) que comezou a súa carreira nos setenta a raíz da súa amizade con Laxeiro, a quen considera o seu mestre e pai, e a columna fundamental da cultura galega do século XX. Lamazares é un dos referentes plásticos da do XXI.
Laxeiro era o meu mestre e o meu pai. Categórico coma sempre, o pintor Antón Lamazares, discípulo do mestre tamén lalinense, é o gañador do Premio Laxeiro 2, entregado onte no restaurante Puesto Piloto no xantar anual que a Fundación Laxeiro convoca para celebrar o cumpreanos do artista do que o ano pasado se cumpriu o centenario do seu nacemento. Para Lamazares, residente en Berlín e que o ano pasado participou en varios actos polo centenario de Laxeiro, vir era unha cuestión de sangue. É un orgullo e un honor recibir o premio, porque eu só podo dicir cousas preciosas sobre Laxeiro; teño claro que é columna fundamental da cultura galega do século XX, un grande de Galicia, concluiu.
Os vencellos entre os pintores, a amizade, o profesional, Lalín, foi tido en conta polo padroado da Fundación para decantarse por Lamazares, xa que como contaba o tamén pintor e membro da Fundación Lamazares estivo sempre entregado a Laxeiro, é un premio moi celebrado. O concelleiro de Cultura Xesús López foi o encargado de lle entregar a estatuíña de bronce a Lamazares, que se une así ós anteriores premiados, Carlos Oroza, Francisco Fernández del Riego, Julio Fernández Gayoso e Xaime Isla Couto.
Unha posible mostra no Reina Sofía
A decisión do Padroado tardou en chargar, non porque, como comentaban os presentes no Puesto Piloto, dubidase entre tres candidatos, senón, segundo explica Antón Pulido, membro da Fundación Laxeiro, porque estivemos debatindo estratexias para este ano, que pasa por facer que Laxeiro sexa coñecido máis alá das nosas fronteiras. Sobre Lamazares non houbo discusión: Foi por unanimidade, e un dos premios máis celebrados por todos os amigos de Laxeiro, que como cada ano están aquí neste xantar.
A actividade da Fundación pasa agora por volver reunirse co ministro de Cultura, o galego César Antonio Molina, moi implicado o ano pasado coa celebración do centenario de Laxeiro. A Fundación pretende conseguir unha exposición sobre Laxeiro no Museo Reina Sofía, cousa que serviría tamén para a internacionalización de Laxeiro, que o merece, queremos que sexa máis coñecido fóra de Galicia, tanto en España como no estranxeiro, explica Pulido. É un salto cualitativo na nosa promoción, algo que están a facer dende hai anos os cataláns e os bascos, e agora tamén os valenciáns.
Contenido patrocinado
También te puede interesar