Opinión

O PORTO VIGUÉS NUNHA TERTULIA

Estes amigos que se teñen por tertulianos cánsanme algo porque cada vez que queren saber algo de Vigo véñenme dar un latazo porque o que lles contesto está moi repetido e estudiado por quen teñen a obriga de sabelo. Como foi?..


Tomabamos unhas rebandas de xamón de Guijuelo, que un día era un día, cando D. Verísimo, sempre acertado, dixo que outras cidades galegas están atacando con opinións, con ayudas de autoridades, con tendencias que agariman aos currunchos de nacencia, (feito moi normal), e ofertan todas as súas posibilidades materiais verquendo a mogollón o que signifique o desenvolvemento ou crecemento do lugar dos seus amores..


E moi discretamente dixo que agora gtodas as praias ou terreos coa mar a carón querer ser portos de mar de moito peso e capaidades.


A mi, peresoalmente non me parece mal pero me lembra a historia daquel que so tiña unha ducia de laranxas e as ofertaba a trinta e tantos que para xantar a froita tiñan que rachala ou non a cataban todos eles..


-Falas do porto vigués, entre outros ou de contra outros....


-Non, non, defendo o meu. E coido que é unha tolería montar máis laranxas. O porto de Vigo fíxose con mloito esforrzo, está situado no sitio ideal e isto hai que mantelo e coidalo. señores. Conto...?


O ano 1880 concedeuse a Vigo o estatus de porto de primeira categoría e interés especial. No 1881 constituíuse a Xunta de Obras do Porto. Dez anos despois o Ministerio de Fomento aprobou a construcción de outro peirao que rematou no ano 1893. No 1894 inaugurouse o servicio de vapores coa a outra marxe da ría. Foi de moita sona que tras a pérdida da guerra de Cuba, entre agosto e setembro do 1898 desembarcasen en Vigo 7.215 solados feridos e enfermos que foron atendidos pola nosa Cruz Vermella e a poboación, mérito que trouxo a concesión do lema 'sempre benéfica' ao blasón da cidade de Vigo. O século XX foi o do crecemento espectacular da cidade que entre 1900 e 1920 pasou de 23.000 a 53.000 habitantes. No 1901 a Cámara de Comercio fai xestións para acadar unha Zona Franca, que viu no 1947. E no 1904 o Concello de Bouzas, pequeno emporio industrial mariñeiro e pescador, uníuse a Vigo. E remato a historia ata mañá. Sigamos, ilustrados, co xamón e o viño.

Te puede interesar