Opinión

POETAS, EN FEMININO...

Liádesme, amigos da tertulia con isas preguntas que non son para contestar así, aquí, de boas, ás primeiras. Porque doutra cousa non teremos pero mulleres poetas, así, uf! Moitas, e de calidade-. Dixo don Víctor, sempre decidido e elegante. -Home ?seguíu falando pois gusta moito o de facelo-, ou mellor, homes... Non sei de onde vos sae ese estraño e pronto querer saber a cantidade de poetisas viguesas que hai ou houbo, tamén. Que, por certo, a min gústame máis chamalas poetas, que poetisas.


- Estabamos pensando, de cara a primavera, facerlles unha homenaxe a todas elas porque son unha proba máis de esa capacidade viguesa de gardar e atender todo o que sexao dar a coñecer calquera manifestación de sensibilidade, porque non somos só un gran fato de traballadores e traballadoras ?de diversas calidades- sempre cobizosos do material e máis nada...


-Para xa, corta, amice -intervíu don Víctor-... É que hai, pregunto, a necesidade de facer de cando en vez unha manifestación de...? Do que sexa. Somos unha cidade productora, traballadora, industrial, si. Pero temos tamén un fondo de creativididade que se advirte nas nosas actividades culturais e artísticas, as nosas sociedades selectas, etcétera, etcétera, etcétera...


-En resumo, que? Non nos vas dar os nomes desas poetas?


-Teño medo esquecer a algunha o que sería, fatalmente, un noxo para a miña memoria. Polo tanto podémolo facer o próximo día de xuntanza. Intentareino. ¿Parécevos?


-E non tes algo novo para que marchemos coa gorxa limpa trasegando unhas chiquitas que pagarás ti na túa honra memorística?


-Eso si. E ademáis vouvos dar un susto: Tomade nota: antes do 'Jlorioso Alzamento Nacional', había, como non, poetisas e algunhas de alta calidade.


Unha: Mercedes Viso Troncoso, tivo unha boa pruma. Era unha muller ben preparada e moi de dereitas. Tanto que a chamaron, despois, claro, a poetisa falanxista. Se queredes, o próximo día vouvos dar un soneto de moita enxundia que escribiu a dama no ano 1927.


-Pois si, vale, -dixeron ao unísono os coleguis. E veña o viño do convite.

Te puede interesar