A Xunta da luz verde á ampliación do centro de saúde de Baltar

A obra terá un investimento aproximado de 5,2 millóns de euros e sumará consultas e ampliación do PAC

Actual ambulario de Baltar, situado en Portonovo (Sanxenxo).
Actual ambulario de Baltar, situado en Portonovo (Sanxenxo). | D.P.

A Xunta destinará máis de 392.000 euros á redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra da ampliación e reforma do centro de saúde de Baltar, en Sanxenxo. Para a execución material da reforma, a Consellería de Sanidade estima necesario un investimento superior aos 5,2 millóns de euros que, en todo caso, será definido unha vez sexa redactado o proxecto, que se prevé que esté listo para o primeiro semestre de 2026.

O novo ambulatorio ampliarase ata os 4.367,50 metros cadrados e disporá dunha área asistencial de atención clínica con 10 consultas de medicina, o que supón unha máis con respecto á actualidade, 9 de enfermería e unha sala polivalente, consulta de farmacia, de nutricionista, sala de técnicas, de tomas de mostras, de cirurxía menor, polivalente e/ou de ecografía e máis de tratamentos ou urxencias.

O centro de saúde terá tamén unha área de pediatría con tres consultas de medicina e tres de enfermería e unha sala de lactancia. A área de atención á muller conta cunha consulta de matrona e unha nova sala de educación para a saúde. Os servizos de fisioterapia manterán unha consulta e un ximnasio con novos vestiarios.

A maiores, ampliaranse os espazos do PAC e da sala de espera, así coma os dormitorios do persoal pasarán de tres a seis e o número de consultas, tanto de medicina como de enfermaría, pasarán de unha a tres.

A base do 061 contará, ademais de con sala de estar e de traballo, con 3 dormitorios, vestiarios e garaxe para a ambulancia. Esta reforma non estaba contemplada inicialmente no Plan de infraestruturas sanitarias de atención primaria do Sergas, pero dáselle prioridade pola poboación atendida, 21.856 tarxetas como PAC de de Sanxenxo e de Meaño, ademais de incremento de poboación durante o verán.

Contenido patrocinado

stats