"Tomiño e Cerveira son un bo exemplo do que significa a cooperación transfronteiriza"
SANDRA GONZÁLEZ Alcaldesa de Tomiño
n n n A Eurocidade Tomiño-Cerveira cumpriu dous anos nos que ambas vilas lograron romper barreiras e crear servizos comúns para os seus veciños. Agora, este proxecto inicia unha nova etapa tras as xornadas transfronteirizas nas que se comezaron a deseñar os plans para o novo cadro comunitario. Un desafío que a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, cre que debe permitir superar as dificultades administrativas e burocráticas que aínda existen "para que la cidadanía europea sexa realmente efectiva", un soño do que Tomiño e Cerveira xa son exemplo e do que están moito máis preto que outros municipios da Unión Europea, sendo exemplo para moitos.
Cal sería o balance dos dous anos dende a creación da Eurocidade Cerveira- Tomiño?
Sen dúbida o balance é moi positivo. O venres foi un día moi importante porque foi un punto e seguido para coller impulso de cara aos vindeiros fondos e ó próximo cuadro comunitario. Non son solo os dous anos de Eurocidade senón que hai que engadir os cinco anos dende a Sinatura primeira da Carta da Amizade. Tomiño e Cerveira foron quen de incluir a cooperación transfronteiriza de xeito transversal na súa acción de goberno. A Ministra de Coesión portuguesa Ana Abruñosa explicaba que Cerveira e Tomiño son un bo exemplo de cooperación transfronteiriza a nivel local.
Que proxectos comúns destacaría dos que levaron a cabo?
Todos os proxectos que sacamos adiante estes anos foron quen de movilizar a poboación dos dous lados. En distintos eventos e proxectos mobilizamos máis de 10.000 persoas e fomos quen de construir dende esta fronteira, que é das máis antigas de Europa, unha cidadanía verdadeiramente europea. Fomos quen de colaborar, coordinar e sacar adiante proxectos tan interesantes como o das Valedoras da Cidadanía, os Orzamentos Participativos Transfronteirizos, que serviron para que distintas entidades e asociacións dos dous lados colaboraran xuntos.
Como condiciona a fronteira entre as relacións entre as poboacións do Miño?
Eu penso que as persoas que temos a sorte de vivir na raia sentímonos cómodos nas dúas beiras do Miño, non pensamos que estamos a ir a outro país porque usamos servizos, mercamos ou traballamos dos dous lados do río. Sin embargo si que siguen existindo moitas dificultades, sobre todo a nivel administrativo e burocrático para que esa cidadanía europea sexa realmente efectiva.
Como podería mellorarse esta situación?
Precisamente a Comisión Europea estivo na nosa Eurocidade con un programa chamado BSolutions para resolver problemas de mobilidade entre a comunidade educativa, non é lóxico que os nenos e nenas de Cerveira e Tomiño teñan as mesmas dificultades para desprazarse na Eurocidade que se foran a viaxar a Rusia. Estes pequenos atrancos son os que a Comisión quere axudar a corrixir, e precisamente se detectou grazas a un informe feito polas Valedoras da Cidadanía Transfronteiriza que foi elevado a todas as institucións europeas.
Durante o estado de alarma, o peche das pontes supuxo un grave problema para os concellos fronteirizos. Cre que se pode repetir en caso de novo peche dos pasos?
A verdade é que o que vivimos no estado de alarma foi unha situación que non lembrábamos. Perxudicouse moito a economía dos veciños e do territorio. De feito a AECT Río Minho pronto presentará un informe elaborado pola Universide de Vigo que fala destes perxuizos. No comercio vivimos uns dos outros, na restauración e comprobamos como miles de traballadores tiñan que facer ducias de kilómetros a maiores pola decisión, ao noso parecer equivocada, de habilitar solo un paso. Isto fixo que a ponte Tui-Valença se convertira nun auténtico funil. Agardemos que os erros cometidos non se repitan e que os centros de decisión (Madrid e Lisboa) escoiten polos menos as suxestións do territorio.
Que debería cambiarse na lexislación para evitalo?
Creo que a situación foi excepcional e era imposible prever isto a nivel lexislativo. Ninguén estaba preparado, pero entendo que para o futuro a AECT Río Minho ten proposto crear o carnet do cidadán transfronteirizo que pode evitar que estas situación se den de novo.
Como participan as poboacións de ambas localidades nas actividades e o disfrute dos servizos compartidos?
Realmente o facemos de xeito natural, compartimos piscina porque entendemos que non podemos duplicar un servizo como ese senón complementalo con outras infraestructuras do lado galego, compartimos comercio, restauración, actividades culturais, deportivas, comercio… É algo que está dentro da normalidade dos veciños que viven na raia. n
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último