Un documental mostra o traballo no monte de Tebra
Leva por título “Autoxestión do territorio”. A estrea, mañá sábado
“Comunidade de Montes de Sta. María de Tebra, Autoxestión do territorio” é un documental de 24 minutos de duración que aborda o traballo da comunidade de montes da parroquia. A película realiza un achegamento do espectador á organización e funcionamento da comunidade de montes, poñendo especial énfase en como os veciños autoxestionan os recursos que produce o monte veciñal, os cales reverten no coidado do propio monte e en beneficios sociais para a parroquia.
O documental foi rodado durante catro meses en diferentes localizacións de Santa María de Tebra -no concello de Tomiño- poñendo o foco nos protagonistas da xestión do monte: comuneiros, membros da directiva e técnicos que nos achegan a unha mellor comprensión desta peculiar forma de xestión do monte galego. A peza foi realizada pola produtora Adarme Visual e poderá verse na súa estrea nunha proxección especial no exterior da Centro Cultural de Santa María de Tebra maña sábado 24 de agosto ás 21:30.
Festival no rosal
Por outra banda, organizado pola Agrupación Musical do Roseira, en colaboración co Concello, a Comunidade de Montes do Rosal e a Fundación O Rosal, mañá sábado ás 20.30 horas, a Praza do Calvario acollerá o XXXIII Festival Músicos Xoves coa participación da Agrupación Musical de Goián e a Banda Municipal de Caldas de Reis, que acaba de conseguir o primeiro premio na segunda sección do Certame Internacional de Bandas de Música “Ciudad de Valencia”. A Banda da Agrupación Musical do Rosal será a encargada de pechar a xornada cun programa que servirá de preparación para o XVII Certame Galego de Bandas de Música Populares, o vindeiro outono en Pontevedra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último