Atletismo | Milla Cidade de Vigo
Velocidad bajo el sol de Navia
Trail
Monte puro, dende o val ata o cumio das montañas pasando por algúns dos lugares con mellores vistas en quilómetros. A actividade +Deporte Atlántico viviu onte unha xornada de trail, de puro deporte na natureza con ríos, regatos, ascensos, pistas, sendeiros, rochas, bancos e ata unha campá para sinalar que se chegou ó punto máis alto do sendeiro que marca o final do segmento de Strava. Pero iso xa é para os verdadeiros expertos.
Onte, o campo de fútbol do Roupeiro, que recolleu moitos partidos de lameiro, xa que leva anos sen vivir ningún, xuntou á familia do Atletismo Porriño e algúns externos para participar nunha actividade na que os corredores separáronse en tres grupos en función das súas capacidades físicas. Había o de expertos, que ían facer cortalumes para arriba e para abaixo ata completar 16 quilómetros; o intermedio, que realizou uns 12 con trote polo monte con ascenso a chanzos ata chegar ó alto e descenso; e o terceiro, no que tamén había varios nenos, que tiña un percorrido de 8 para gozar dos encantos do val, pero tamén con certa esixencia.
Na primavera cambiante, os corredores fixeron a fotografía de rigor antes de comezar a carreira que, case por decreto, levaba costa arriba porque ó pé do campo estaba a montaña. A pista branca xa indicaba por onde había que subir e o arrecendo a dureza xa se albiscaba sen agocharse. Un dos pelotóns gozou dos muíños, das levadas e das zonas baixas entre as follas verdes claro dos carballos e as flores dalgúns frutais. Os que ían subindo un pouco máis comezaban a suar, para gozar das vistas ó Val da Louriña pasados dous quilómetros e tomar a pista cara o Faro de Budiño.
Foron algúns dos recunchos da paisaxe que deixa o monte galego e dos que gozaron os corredores. Neste tempo loco de finais de abril tivo momentos de poalla. A choiva e a néboa apareceron para dar un deses toques épicos á actividade deportiva. Iso si, portáronse ben porque tamén deixaron ver as magníficas vistas ó val da Louriña e ó val de Salceda entre un monte de esplendoroso verde galego. “No verán, vimos moito por aquí porque é unha ruta de moita sombra”, admitía o guía do percorrido. A beleza estaba en cada recuncho porque, ademais de árbores, é lugar de rochas, de penedos que colgan da ladeira e outros que a natureza os deixou con formas estrañas como o ‘brocolí’ ou ‘champiñon' que está ó lado da campá do treito da caseta.
Lugares para gozar, para padear un día si e outro tamén. Onte tocou en grupo, como mandaba a actividade. En días de adestramento individual, ó seu ritmo. Vivindo a montaña porque o máis de medio cento de deportistas que acudiron onte ó evento son namorados dela. E entre costa e costa, entre parada de reagrupamento e reinicio, uns planeaban a vindeira carreira, outros falaban de ‘liar’ ó compañeiro para ir a Portugal, e outros mencionaban o Trail Orixes de Mondariz, un reto vindeiro. Momentos de compartir de vivir, de deporte e de amizade do Atletismo Porriño, onte con +Deporte Atlántico.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Atletismo | Milla Cidade de Vigo
Velocidad bajo el sol de Navia
atletismo
El sol se apunta a la Milla
Lo último
Lotería de Navidad
Vigo busca la suerte: más venta de Lotería que en 2024
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas