Sagrario Pérez: “A prevención é a mellor garantía para ter saúde máis tempo”

“Estar enfermo ao final da vida pode ser consecuencia de malos hábitos nos anos máis novos”

Sagrario Pérez Castellanos
Sagrario Pérez Castellanos | Atlántico

Sagrario Pérez Castellanos é a subdirectora xeral de Estilos de Vida Saudables da Consellería de Sanidade.

Pregunta. A prevención pasa por ser a base da saúde. Para que patoloxías principalmente?

Respuesta. Si, efectivamente. A misión da Dirección Xeral de Saúde Pública é manter a saúde canto máis tempo, mellor. Para iso é necesario utilizar todas as ferramentas que haxa de prevención, ben sexa de enfermidades transmisibles e evitables, como, por exemplo, todas aquelas que entran dentro do calendario vacinal tanto infantil como de adultos, pero tamén na chamada prevención secundaria ou detección precoz, que cando ti non podes previr que apareza unha enfermidade, si que podes ter programas para a detección precoz, e, polo tanto, o pronóstico sexa o mellor. Temos ademais todas as enfermidades que non sendo de tipo transmisible ou que son de tipo cancro ou metabulopatías, como no caso dos nenos ou alteracións xenéticas, tamén poidan dar lugar a alteracións metabólicas, principalmente enfermidades raras. Despois están todas aquelas enfermidades crónicas evitables, como as cardiopatías, a diabetes ou a obesidade. Nese terreo tamén desenvolvemos programas de estilos de vida saudable para tratar de facer as recomendacións dunha alimentación adecuada, non se abuse de bebidas alcohólicas, non se fume ou se faga a actividade física axeitada para cada idade ou necesidade. E tamén no relativo ao benestar emocional, como é a hixiene do sono ou o uso axeitado das tecnoloxías.

P. Ata que punto é importante a prevención?

R. É a mellor garantía. Primeiro para que as persoas estean saudables máis tempo. Co cal, iso contribúe a que haxa un equilibrio na sociedade. Principalmente en toda a franxa de idade de persoas traballadoras, cos programas de prevención poden estar a traballar durante máis tempo e son persoas produtivas para a sociedade. Pero ademais, hai que tratar de que teñan calidade de vida, incluso ao longo da vida persoal. Somos unha poboación envellecida onde afortunadamente vivimos moitos anos, pero temos que garantir que se vivan con calidade e que non supoñan factores de risco na sostenibilidade dos sistemas sanitarios. E, por suposto, cos nenos, porque cada neno que nace nunha comunidade se converta nun proxecto vital de éxito. E para iso o único que podemos facer é previr calquera enfermidade que se poda previr.

P. E hai conciencia na poboación?

R. Na prevención primaria, o que son as vacinas, os calendarios infantís, así o demostran. En adultos, creo que tamén que hai unha boa concienciación. Despois, cando pasamos aos temas de detección precoz, as mulleres somos máis sensibles á información e participamos máis. O que hai de procurar é que en cada un dos programas que vaiamos poñendo en marcha, a xente participe máis. E tamén nos estilos de vida saudable, que aí temos aínda un longo camiño para mellorar.

P. De que xeito se traballa na difusión dos hábitos saudables e que retos quedan por conseguir?

R. Estamos agora mudando a facer traballo como en nichos. É dicir, traballar nas escolas con programas de nutrición saudable e empezaremos tamén da man de Educación coas escolas promotoras de saúde. Nos concellos, na procura dunha concienciación maior sobre os estilos de vida saudable. As actividades en conxunto axúdannos a que haxa máis participación cidadán e que ademais se resolvan outros problemas como a soidade non desexada. E tamén nos contextos laborais, onde cada vez é máis a preocupación das empresas para que os seus traballadores desenvolvan estilos de vida que fagan que non teñan problemas de saúde evitables. Se conseguimos que a poboación teña unha dieta equilibrada, faga un exercicio axeitado e teña as horas de sono necesarias, seguramente haberá menos problemas de saúde que conduzan a baixas laborais. Entón estamos traballando nun modelo que chamamos ciclo de impulso, que é tratar de impulsar un hábito de vida e medir, aínda que os resultados en saúde son a longo prazo. E despois tamén no terreo da xente nova estamos con a aplicación e desenvolvemento da recente Lei de Protección da Saúde das Persoas Menores e Prevención das Condutas Adictivas de prevención de conductas aditivas que nos ten moi preocupados a todos, non só as autoridades sino tamén á sociedade en xeral.

P. Foi unha lei pioneira.

R. Si, é pioneira, non só polas medidas que contén; por exemplo, a de bebidas enerxéticas, senón tamén porque abrangue todos os posibles ou potenciais problemas que poden afectar á nosa poboación nova, tanto as adiccións con sustancia como sen sustancia. E iso é moi importante porque a maioría dos trastornos do comportamento aditivo teñen a mesma base psicolóxica e pódense afrontar do mesmo xeito. Tamén é certo que na lei se recollen cousas para intentar desnormalizar e que os adultos sexamos exemplo para os menores, pero en positivo, non en negativo.

P. Falaba antes dos cribados. Como se poñen en marcha?

R. O principio para poñer en marcha un programa de detección precoz, que case sempre están relacionados co cancro, é que haxa suficiente evidencia científica. Temos que ter a seguridade de que a proba de triaxe sexa o suficientemente efectiva e cun valor predictivo alto para que non ocasionemos máis mal que o que pretendemos solucionar. Entón vaise aumentando a idade tanto por riba e por baixo cando efectivamente a evidencia científica o sostén. Dese xeito, tanto o diagnóstico, como o tratamento e a supervivencia son moito máis altos que se se detecta por síntomas. Hai que ter en conta que a detección precoz está buscando entre xente sá ou aparentemente sá.

P. E cal está sendo a resposta da población ás diferentes campañas de cribados?

R. No cancro de mama, que leva 30 anos, é altísima. Tamén son altas no cérvix e colorrectal é alta, pero aínda nos queda moito para acadar aos niveis de participación. A confianza tamén se gana co tempo, pero a nosa intención é acadar cada vez máis niveis de participación, porque é un ben para todos; sobre todo para as persoas que de xeito silente están a padecer unha enfermidade. Temos un piloto de cancro de próstata en Ferrol, un proxecto europeo do que estamos moi expectantes para ver os resultados.

P. Acabamos de cumplir o sexto da pandemia. Cambiou a nosa mentalidade dende entón?

R. Moita xente que de xeito individualizado e sen que haxa unha presión, cando ten síntomas de catarro ou gripe usan a máscara de xeito proactivo e iso é algo que ten moito de herdanza da pandemia. A participación na vacinación para as persoas consideradas máis vulnerables segue sendo alta, así que eu creo que si que quedou conciencia. É moi importante que sigamos a facer fincapé e que sigamos a dicir que podemos ter un certo control da nosa saúde, non só en vacinación ou nas medidas de protección, senón tamén se miramos un pouco máis a nosa alimentación e noso xeito de vivir. Porque estar enfermo cando chegas ao final da vida pode ser consecuencia ó mellor de malos hábitos nos anos máis novos. No se trata de ser grandes deportistas, senón de levar unha vida equilibrada. En Galicia temos dieta atlántica, que é perfecta para levar unha vida saudable.

As frases

  • ”A detección precoz permite que o diagnóstico e a supervivencia sexan moito máis altos”
  • ”A nosa intención é que cada neno que nace se converta nun proxecto vital de éxito”
  • ”Nos estilos de vida saudables aínda temos un longo camiño para mellorar”
  • “A Lei de Protección dos Menores é pioneira, non só polas medidas que contén, senón tamén porque abrangue todos os potenciais problemas que poden afectar á nosa poboación nova, tanto nas adiccións con sustancia como sen sustancia”

Contenido patrocinado

stats