Gonzalo Caballero: “Estou diposto a traballar para conseguir que o PSdeG volva crecer"
Ten unha ampla traxectoria en política que o levou a desempeñarse como concelleiro do Concello de Vigo, deputado no Parlamento de Galicia e como secretario xeral do PSdeG entre o 8 de outubro de 2017 e o 8 de decembro de 2021
Gonzalo Caballero Míguez é docente e investigador de Economía Aplicada na Universidad de Vigo. Ten unha ampla traxectoria en política que o levou a desempeñarse como concelleiro do Concello de Vigo, deputado no Parlamento de Galicia e como secretario xeral do PSdeG entre o 8 de outubro de 2017 e o 8 de decembro de 2021.
Vostede foi líder dos socialistas galegos. Pretende retomar ese liderado?
Eu teño unha vida adicada á universidade, onde son docente, investigador. Estou satisfeito. Teño unha boa etapa persoal, e polo tanto é onde vou centrar a miña actividade. Pero eu teño tamén unha bocación política intensa, un compromiso con Galicia… Dende logo me doe como está o PSdeG e eu estou disposto a traballar para conseguir que o PSdeG volva crecer electoralmente como creceu cando eu estiven á fronte da organización e deixe atrás esta fase de batacazos electorais que nos están convertendo nunha organización situada nun escenario de irrelevancia política.
Fai uns días vostede publicou un gráfico que comparaba a situación do PSdeG con vostede e agora.
Hai tres anos que deixei a secretaría xeral do PSdeG e é tempo de facer balance. Despois de perder o Goberno presidido por Emilio Pérez Touriño o socialismo galego entrou nunha etapa de inestabilidade e de declive. Cando eu tomei a dirección do partido conseguimos empezar a remontar a situación. Crecimos en todas as eleccións que houbo mentres eu fun secretario xeral: nas xerais, nas europeas, nas municipais, tamén nas autonómicas. Aumentamos a porcentaxe de voto en todas as eleccións que houbo e no tempo no que eu estiven á fronte do PSdeG lle gañamos ao PP en dúas ocasións en Galicia. As únicas veces na historia de Galicia en que o PSdeG lle ganou ao PP. Iso refrendouse en que conseguimos gobernar en tres das catro deputacións, en cinco das sete grandes cidades. O PSdeG tiña impulso, tiña proxecto, tiña liderato. Hoxe o PSdeG no parlamento está co menor nivel de representación que tivo endexamáis. Hoxe o PSOE a nivel autonómico, en Galicia, ten o peor resultado que ten en toda España. É tempo de cambio, é tempo de impulsar un novo proxecto e eu vou remar onde me corresponda. Dende logo contribuirei co meu graniño de area.
É posible retomar eses resultados?
En política todo é posible. Hai que traballar e facelo ben. Creo que hai que ter en política en primeiro lugar un nivel de exemplaridade e honradez que sexa impoluto. Todos os representantes políticos teñen que amosar a súa exemplaridade, a súa honradez. Teñen que ter bolsillos de cristal, petos transparentes para que non haxa dúbidas. Eso é moi importante para fortalecer a democracia. Loitar contra a desigualdade que é o que a min máis me preocupa como socialista. Fortalecer o Estado de Benestar, apostar polos servizos públicos, permitir que ninguén quede atrás polas súas circunstancias de familia ou de saúde. Esa é unha sociedade máis igualitaria, máis forte e por iso é polo que hai que traballar. E eu creo que o PSdeG ten que apostar por esa liña, para contribuir ao progreso de España, de Galicia e tamén de Ourense. Eu fago un chamamento ao PSdeG para que de un paso adiante, para que aposte pola renovación, para que saia máis fortalecido.
Hai algunha mensaxe a Ferraz?
Eu creo que a dirección federal errou nas súas apostas orgánicas feitas en Galicia. Errou hai tres anos apostando por un cambio que deu o meu relevo crendo que con outros líderes en Galicia iamos a ir mellor. O tempo demostrou que non. E errou tamén en apostar pola designación do que foi o candidato á presidencia da Xunta neste ano porque os galegos leváronos a un nivel de votos máis baixo que nunca na historia y polo tanto eu creo que o proxecto de Galicia hai que facelo en Galicia, o liderato en Galicia hai que facelo en Galicia con credibilidade, a pé de país, con capacidade de ter ideas, de ter proposta, de ter unha traxectoria. E eu dende logo que son un membro do PSOE, levo nesta formación trinta anos, pero sempre fun unha persoa de carácter independente, con lealdade á organización, pero tamén con independencia de pensamento.
Qué balance fai dos últimos meses?
A min preocúpame moito que o PP conseguise facer o relevo de Feijóo a Rueda con maiorías absolutas. Porque eu sei que o PP con Fraga conseguíu sacar maiorías absolutas continuas, porque eu sei que o PP con Feijóo conseguíu sacar maiorías absolutas continuas, porque temo que se o PSdeG non se renova, non se fortalece, non fai un cambio, non se revitaliza, o PP de Galicia ten un rodillo de maiorías que pode volver funcionar, e a min preocúpame porque son unha persoa de esquerdas, progresista, que quere un Goberno de cambio. Polo tanto eu vexo o que sucedeu este ano nos resultados autonómicos, no que o PSdeG caeu en cinco deputados, en cincuenta mil votos en Galicia e claro que me preocupa, porque na miña etapa sempre crecimos e eu tiven que afrontar unhas autonómicas moi difíciles en tempos de covid, e aínda así medramos por primeira vez dende a etapa de Touriño. Simplemente conseguimos crecer ao longo de toda a historia da autonomía galega coas candidaturas de Fernando González Laxe, de Emilio Pérez Touriño e coa miña. Eses foron os tres perfís que conseguiron que o PSdeG crecese nas autonómicas.
Manten contacto cos socialistas ourensáns? Hai crise no PSOE de Ourense? É un tema constante.
Non sigo o detalle do día a día. Eu o que sí quero decir e que coñezo ben a cidade de Ourense e a provincia de Ourense. Mentres fun secretario xeral crecimos en toda Galicia, pero crecimos especialmente en Ourense. Porque aquí tiñamos un deputado e comigo pasamos a dous. Tiñamos dous parlamentarios galegos e pasamos a tres. E sendo secretario xeral conseguimos que na cidade de Ourense o PSOE fose a primeira forza política en eleccións municipais o cal solamente ocurrira nunha ocasión hai máis de vinte anos. Temos que saber ler o que está acontecendo para conseguir ter unha candidatura nas próximas municipais que volva a ser quen de crecer. Fronte ao populismo do actual alcalde, que aproveitou os erros de grandes partidos como o PP ou o PSdeG para conseguir ter un resultado máis amplo do que cabía esperar, é bo un cambio para Ourense. A min preocúpame a provincia de Ourense e preocúpame a cidade de Ourense, que é unha das grandes cidades de Galicia e que necesita un PSOE forte para conseguir cambiar o actual modelo de goberno que hai na cidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Condado/Paradanta
El arte urbano cambia la estética del IES de Salvaterra
Elecciones en Extremadura
Cerca de 900.000 extremeños están llamados a las urnas