'Cantareira', elixida Palabra do Ano 2024

A palabra 'cantareira' conseguiu o 25% dos votos e o segundo posto foi para 'meu, miña' cun 23% do apoio. Competían seis termos

Publicado: 27 dic 2024 - 12:33 Actualizado: 27 dic 2024 - 12:34

Ana Rodríguez tocando a pandeireta.
Ana Rodríguez tocando a pandeireta.

'Cantareira' é a Palabra do Ano 2024. Así se decidiu na votación popular impulsada pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié na que esta palabra, que competía con outras cinco, conseguiu o 25% dos votos, seguida de 'meu, miña' cun 23%.

"A palabra do ano 2024 soa a poesía e música, a ganas de compartir bos momentos, a voz feminina e colectiva, a lingua propia (...). Unha chamada colectiva a mirar con ilusión cara ao futuro que está a piques de comezar, un novo período de 12 meses no que Galicia enteira lle renderá homenaxe ás mulleres que durante séculos mantiveron vivo, transmitiron e enriqueceron o cancionero popular e o idioma do país", destacan nun comunicado.

Precisamente as cantareiras son as protagonistas do Día das Letras Galegas 2025, festa que a RAG dedicará á poesía popular oral e ás mulleres que cantan e crean cantigas.

Contenido patrocinado

stats