“Despois destos meses hai moito descontento, foron unha falta de respecto a galicia”

LUIS BARÁ Cabeza de lista do BNG-Nós

Xosé Luis Bará Torres (Vilaboa, 1965). Filólogo e profesor, leva como representante do BNG dende hai 16 anos. Adicou gran parte da súa traxectoria pública á política municipal como concelleiro nos gobernos de Miguel Anxo Fernández Lores en Pontevedra, dende 1999.

Ana baena. VIGO abaena@atlantico.net
Publicado: 16 jun 2016 - 11:32
Luis Bará, na presentación de campaña en Vigo.
Luis Bará, na presentación de campaña en Vigo.

Fixo unha paréntese no 2005, ao ser nomeado director xeral de Cultura polo Bipartito. En maio tomou o relevo de Carme Adán para encabezar a lista do BNG-Nós por Pontevedra.

Xa leva de candidato un par de semanas. Cales son as súas sensacións?

Boas. Levamos traballando máis tampo con gana, percorrendo toda a provincia para dar a coñecer o noso programa. Percibimos unhas sensacións moi positivas na xente. Hai moita participación por parte da militancia que está moi activa para lograr o noso obxectivo: regresar ao Congreso. Recibimos mostras de simpatía cara ao BNG-Nós. Estamos moi animados e multiplicamos esforzos, xa que dependemos dos nosos propios medios para chegar aos máximos sitios posibles.

Non se sinten ameazados a que parte do eleitorado nacionalista se desprace en nome do voto útil?

O voto útil é o que pode defender os intereses de Galicia en Madrid, conseguindo máis investimento. A presenza do BNG no Congreso foi determinante e pensamos que agora é decisiva para que o futuro goberno teña en conta as nosas demandas.

Non embargantes, iso mesmo é o que defenden forzas como Marea.

Pensamos que a única opción nacionalista que se presenta a estas eleccións é BNG-Nós. Outras están sometidas a unha integración con forzas de intereses máis xerais. Despois destos meses hai moito descontento, foron unha falta de respecto a Galicia. Moita xente vai volver votar ao BNG, convencida de que é a única opción.

Que pensa do polémico cobro dunhas idemnizacións tan altas por apenas tres meses de traballo no Congreso?

Foi un acordo da mesa do Senado que estableceu ese pagamento. Un cargo público ten que ter unha remuneración, pero o espectáculo que se deu foi bochornoso. Non se esperaba que as novas forzas actuasen dun xeito, que se ben é legal, no o é moral.

Unha das principais demandas dende Vigo ao Goberno central son máis investimentos en infraestructuras. Cal é a súa postura neste punto?

Na conexión Vigo-Pontevedra defendemos a transferencias da AP-9 á Xunta de Galicia. Pensamos que é unha autoestrada que xa pagamos e debe ser gratuita. Ademais apoiamos la defensa da construcción dunha vía alternativa que una o sur da provincia, o aeroporto. Pero tamén consideramos que a Rede de Estradas precisa unha mellora urxente. Está deixada polo Estado cunha alta perigosidade para peóns, ciclistas e vehículos. Por último, queremos que se acabe dunha vez a conexión ferroviaria coa meseta, pero tamén que se reforcen os trens de cercanías.

E que opina da estación de Thom Mayne?

Estamos en contra dos macroproxectos que responde a visións ególatras. Precísase unha estación intermodal, que conecte co transporte público.n

Contenido patrocinado

stats