Podcast 'Quero ser investigadora' da UVigo | Raquel Fernández González e Begoña González de Prado
Raquel Fernández González e Begoña González de Prado son dúas investigadoras da UVigo protagonistas do sexto volume do catálogo 'Quero ser investigadora'
A Universidade de Vigo acaba de publicar un novo volume, o sexto xa, do catálogo 'Quero ser investigadora'. Esta publicación, financiada pola FECYT, forma parte das actividades do plan de Ciencia de Ida e Volta, o programa anual de actividades 2023/2024 da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo.
Nesta sexta edición, ilustrada por Alba Casanova (1981), difúndese a historia de dez novas referentes. Elas son María Méndez Santos, Begoña González de Prado, María Mayán Santos, Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes, Maite deCastro Rodríguez, Raquel Fernández González, Laura Carballo Piñeiro, Alma Gómez Rodríguez, Lucía Díaz Vilariño e Belén Martín Lucas.
Hoxe acompáñannos dúas delas nun espazo radiofónico que nomeamos co nome deste catálogo: 'Quero ser investigadora'.
Raquel Fernández González
Doutora en Economía, con premio extraordinario en 2016. Os seus intereses de investigación abarcan diversos temas relacionados coa xestión sostible dos recursos naturais, centrándose en ámbitos como a pesca, acuicultura e enerxía. Como resultado das súas investigacións, os seus traballos foron publicados en revistas como Aquaculture, Energy, Reviews in aquaculture, Papers in Rexional Science, ou Aquaculture Economics & Management. Realizou estancias internacionais en Universidades de Europa e Asia, así como tamén conta con experiencia en proxectos internacionais.
Begoña González de Prado
Investigadora na Universidade de Vigo especializada na búsqueda de formas de facer a química máis sostible e respectuosa co medio ambiente, centrada actualmente no ámbito téxtil. Ao longo da súa carreira, combinou a investigación, a docencia e a xestión científica, participando en proxectos nacionais e internacionais. Gústalle traballar en equipo, formar novas xeracións investigadoras e contribuír a que a ciencia teña un impacto real na sociedade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar