A Covid-19 adía a incorporación da investigadora Francesca Giampieri

UNIVERSIDAD

REDACCIÓN.Vigo
Publicado: 25 may 2020 - 01:54 Actualizado: 26 may 2020 - 03:08
Francesca Giampieri é especialista en bioquímica relacionada coa biomedicina.
Francesca Giampieri é especialista en bioquímica relacionada coa biomedicina.

Os efectos da Covid-19 tamén se están deixando notar no reforzo do talento investigador na UVigo. A bióloga, cun doutoramento en investigación en Alimentos, saúde e fármacos e un BIR en Ciencias dos Alimentos na Universidad Politécnica de Marche, Francesca Giampieri acadou a mediados do pasado mes de febreiro un contrato de investigadora distinguida do Programa de Captación de Talento Investigador de Excelencia da Universidade de Vigo. Porén, a súa incorporación ao grupo de investigación NF1 (Nutrition and Food Group) liderado por Maurizio Battino, integrándose na agrupación estratéxica Citaca, aínda non foi posible “porque poucos días despois de recibir a comunicación do éxito no programa de captación, Italia pechou os vos e empezou o confinamento que se prolongou ata principios de maio”, explica Giamperi. A vicerreitora de Investigación e Transferencia, Belén Rubio, agarda que “poida asinar o contrato e incorporarse a mediados de xuño, se se permiten os desprazamentos”.

Con máis de 135 publicacións, un índice H de 30 e catalogada como investigadora altamente citada, Giampieri é en opinión de Belén Rubio “unha gran promesa de futuro, cun potencial investigador excelente. Ademais está a preparar a súa candidatura para a convocatoria Beatriz Galindo e eu espero que se presente tamén en breve ás Starting Grant da ERC”.

Especialista en bioquímica, Giampieri traballou en diversos temas de biomedicina, esclerose múltiple, envellecemento e tamén en aspectos de nutrición e dietética, como o papel dos antioxidantes e compoñentes bioactivos en diferentes matrices, como por exemplo o mel e os amorodos.

Contenido patrocinado

stats