O Volei Praia Vigo viaxará a Italia no seu debut europeo

Voleibol Praia

A entidade acudirá o evento no último fin de semana do mes e agora debe escoller os xogadores.

O Volei Praia Vigo xogará o Europeo por clubs e Italia.
O Volei Praia Vigo xogará o Europeo por clubs e Italia.

O Volei Praia Vigo debutará a último fin de semana do presente mes de setembro na Copa de Europa de voleibol praia, que é un Continental por clubes. Un evento que conta cunha rolda clasificatoria e cunha final, polo que os xogadores da entidade olívica buscarán superar a primeira fase para estar na loita polo título. Algo que non é sinxelo porque soamente o gañador dun grupo de cinco formacións ten o billete asegurado.

O evento é tanto para homes como para mulleres, pero o equipo da cidade soamente obtivo o posto na categoría masculina. Viaxará ata a costa do Adriático para medirse a outras catro formacións na localidade de Bellearia Igea Marina. Os rivais serán o anfitrión Beach Volley, o Ladvi Praha checo, o Brullels belga e o Zevenhuizen neerlandés. “Polos países que nos tocaron, é un grupo moi duro”, afirma Marta González, a presidenta do Volei Praia Vigo. Polo tanto, pasar de rolda non parece sinxelo.

Nos vindeiros días tocará facer o plan de viaxe e tamén escoller o equipo que acuda a Italia para afrontar a cita. Hai variables deportivas, pero “tamén temos que ver a dispoñibilidade dos xogadores”, engadiu a dirixente. É o traballo habitual para este tipo de eventos nun deporte amateur, pero o club olívico volve amosar que é dos mellores do país e, debido a este nivel, pode disputar un evento internacional.

Contenido patrocinado

stats