Seabra: "Marchamos cedo do partido e xan non volvimos a entrar nel"

Derbi galego

A adestradora do Guardés deu a noraboa ó rival e recoñeceu que no tiveron un bo día

Ania Ramos tenta superar a Ferrarín nun dos lanzamentos do partido de onte na Sangriña.
Ania Ramos tenta superar a Ferrarín nun dos lanzamentos do partido de onte na Sangriña. | Tamara Alonso/SportCoeco

A adestradora do Mecalia Atlético Guardés, Ana Seabra, admitiu que o de onte non foi o mellor día do seu equipo e estivo lonxe do Porriño: “Foi un partido que non nos saiu. Non saiu por varias cousas. Xa comezou mal coa lesión de Ceci Cacheda e, despois, as de Lorena Téllez e Elena Martínez condicionaron moito todas as dinámicas do equipo en ataque e defensa”.

Pese a ir por debaixo no marcador todo o encontro, a preparadora admitiu que “o equipo loitou, intentouno e nos momentos de decidir non estivo acertado. Hai que dar a noraboa ó Porriño porque saiulle todo ben e nós non nos acercarnos no marcador. Saímos do partido moi cedo e xa non volvimos”. De feito, o comezo da segunda metada cun 0-4 de parcial do Porriño para adquirir unha distancia de oito tantos foi chave. A preparadora pediu tempo morto, pero sen o efecto desexado.

Seabra admite que “queda agora recuperar ás xogadoras porque temos moita tempada por diante. O traballo continúa. Así é o deporte”. De feito, o equipo miñoto comeza este sábado a eliminatoria de cuartos de final da European Cup ante o Elxe. Será un cruce realmente duro ante outra formación da División de Honra. Recuperar ás deportistas con problemas físicos é algo fundamental para o Guardés. Cecilia Cacheda non xogou pese a ter o alta, mentres que Lorena Téllez e Elena Martínez engadíronse á lista de deportistas con molestias físicas.

Contenido patrocinado

stats