baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
ciclismo
O Rías Baixas anunciou onte a incorporación do velocista xerundense Francesc Zurita, que procede do campo profesional porque militou os dous últimos anos no Team Voralberg de Austria. Desta forma, a escuadra de Nigrán formaliza unha incorporación de gran calidade e que, se todo transcorre segundo o previsto, debería achegar un bo número de vitorias á entidade presidida por José Luis Chamorro.
O corredor xerundense se recalifica como elite tras competir ó máximo nivel mundial. A última carreira que disputou o pasado mes de outubro nas filas do Team Voralberg, equipo Continental Profesional, foi a Paris-Bourges, unha das clásicas do calendario francés.
Entre os seus resultados coa estrutura austriaca destacan o segundo posto na clasificación xeral do East Bohemian Tour (República Checa) e a quinta posición asinada no Memorial Henryka Lasaka (Polonia). As portas do profesionalismo abríronse para o ciclista de Blanes a finais do 2015 tras acumular triunfos no pelotón amateur español. En total sumou nove, sobresaíndo vitorias como o GP Mungia e etapas nas voltas a Toledo, León, Palencia e Cantabria. Con todo, o seu resultado máis rechamante foi a quinta praza absoluta no Campionato de España 2015 que se adxudicou Alejandro Valverde en Cáceres.
O velocista será presentado hoxe no bufete Gándara Moure, o despacho que lidera o intento de dar o salto ó profesionalismo por parte do Rías Baixas o seguinte curso, a tempada 2019.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
baloncesto | liga challenge
Kelliher lanza al Celta
Balonmano
El Porriño se sabe defender
Balonmano
El Cangas gana y sale del descenso