Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Boxeo
Estar é difícil, manterse aínda o será un pouco máis, pero o paso esta dado e foi de tal forza que deixou a sensación de que podería ser aínda un cachiño máis amplo. Haberá tempo para facelo tralo vivido onte no ximnasio La Vieja Escuela, situado no Camiño da Gandariña. O recinto quedou pequeno para albergar a velada de boxeo feminino con ata doce combates, a meirande de exhibición, pero tamén con parte de competición. Unha sesión que tivo una notable animación e incluso algo de ‘glamour’ coa presenza de Marta Larralde como presentadora e autoridades públicas nas cadeiras con vistas ó cuadrilátero.
Pouco a pouco, as mulleres ían cubrindo o corredor cara o centro do ring e alí chegaban os golpes, aínda que moitos deles tiveron un bo sabor porque poder chegar a soltalos ou recibilos xa era un paso enorme. Moitas das boxeadoras estaban ante un combate de debut. Entre elas estivo a escritora María Reimóndez, que viviu a súa exhibición coa cantante Najla Shami e o día rematou coas dúas deportistas sostendo a bandeira de Palestina, raíces da vocalista.
Cada unha das participantes camiñaba en dirección ó cuadrilátero e, ós lados, quedaban os asistentes, que chegaron ata os 250 para esgotar as localidades e arroupar a todas e cada unha das boxeadoras porque poder acudir á cita xa tiña un tremendo mérito para cada unha das participantes. E, co paso do tempo, chegaron os momentos quentes, que pasaron cos combates neoprofesionais para aquelas deportistas xa federadas e con certa traxectoria que puideron gozar de protagonizar, con amigas, adestradores e familiares, as loitas de ‘fondo’ dunha noite de boxeo.
Así, Iria Álvarez acadou a vitoria ante Carla Rodríguez e, a continuación, Erika Cobas cedeu o Galego neoprofesional ante Nahir Rodríguez (Narón) para pechar unha xornada con abafante calor, pero o que máis se notaron foron as apertas humanas, a camaradería e o sentirse partícipe da pequena historia do deporte Vigo, no que un grupo de mulleres sacou adiante unha velada íntegramente feminina nunha disciplina deportiva que, durante moito tempo, foi unha campo en exclusividade para os homes. Poder estar xa é importante a agora toca o seguinte paso, manterse.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Balonmano | Liga Asobal
Por unas felices fiestas
Balonmano | División Oro
El Carballal busca en casa la tercera victoria de la temporada
Lo último