Cos folgos do compañeiro

Remo Cesantes

O Remo Cesantes celebrou unha xornada de portas abertas para cativos que tivo como evento central unha competición de remoergómetro para as categorías inferiores

Os participantes na xornada de promoción do remo Cesantes tiveron un día de diversión.
Os participantes na xornada de promoción do remo Cesantes tiveron un día de diversión. | J.C.

Unha mañá de remo para a rapazada en Cesantes. O club redondelán organizou unha actividade de Nadal para as categorías inferiores que chegaba como xornada de portas abertas para que os pequenos que o desexasen puideran probar esta modalidade deportiva nas instalacións do peirao de Cesantes.

Os cativos das categorías inferiores e algún invitado acudiron a xornada que consistiu nunha sesión de quecemento e competición de remoergómetro para as diferentes idades. Así, divididos en rolda clasificatoria e final, os remeiros subían á máquina para buscar o mellor parcial da xornada, mentres os compañeiros animaban ó máximo posible ós remeiros, especialmente nos últimos metros de cada quenda.

Así transcorreu a xornada que tivo unha particular entrega de premios con agasallos como roupa ou axendas e todos os presentes tiveron una medalla conmemorativa grazas ó seu notable esforzo. E, para rematar, como non pode faltar nesta época, compartiron un aperitivo os diferentes remeiros e os adestradores. Xornada de diversión dende os benxamíns ata os xuvenís.

Dos de los esforzados deportistas suman metros en la máquina de remo.
Dos de los esforzados deportistas suman metros en la máquina de remo. | Jorge Castro

Contenido patrocinado

stats