A Coruña acolleu a entrega dos galardóns ao Mérito Deportivo
A viguesa Marta Souto recibiu o premio a título póstumo, así como o moañés José Macey
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu onte no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña a entrega das distincións ao mérito deportivo de Galicia correspondentes a 2025, unha gala na que se salientou a capacidade do deporte como nexo de unión da sociedade.
Entre os galardoados había unha ampla representación viguesa, con ata 8 dos 51 homenaxeados. Comenzando polos antigos responsables de Deporte da Administración autonómica, como foron Santiago Domínguez ou o vigués de adopción, e recentemente retirado do seu cargo, José Ramón Lete Lasa, así como Eduardo Lamas. Tamén foron recoñecidos o Gran Peña e o Tyde, no ano en que ambos clubes de fútbol celebran o seu centenario. A eles uníronse dous deportistas coma o exfutbolista cordobés afincado en Vigo dende hai décadas Paco Doblas, ex xogador do Celta, e o vigués José Pereira, loitador de full contact, que tamén recibiron de mans de Rueda o galardón.
O momento máis emotivo da gala foi a entrega das distincións a título póstumo, entre as que se atopaba a xestora viguesa Marta Souto, quen fora directora xeral de Deportes da Xunta de Galicia na primeira década do século XXI, ademáis dunha salientable afeccionada ó Celta de fútbol e ó Cangas de balonmán. Tamén se rendeu merecido homenaxe ao remeiro moañés José Luis Macey, toda unha institución no clube Samertolameu de Meira.
No acto celebrado na Coruña, Rueda destacou que Galicia ten o seu récord histórico de licenzas deportivas, superando as 320.000, e salientou especialmente o crecemento do deporte feminino, que duplicou o número de fichas nos últimos 15 anos. Do mesmo xeito, subliñou que os deportistas de alto nivel multiplicáronse por seis nese mesmo período, alcanzando os 1.850 actuais. Neste sentido, o presidente autonómico puxo en valor a renovación do Centro de Alto Rendemento de Pontevedra. Un proxecto que conta cun investimento estimado de 30 millóns de euros e que situará as instalacións da cidade do Lérez á vangarda da preparación deportiva nun momento en que este sector supón cerca do 1% do PIB da comunidade e é responsable directo de máis de 17.000 postos de traballo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar